Blogia

AMARAL, RECURSOS

Desnutrición Infantil

A ONG Médicos sen Fronteiras vén de producir un xogo para escolares que informa sobre a desnutrición infantil titulado "E comeron felices..." unha historia optimista sobre a desnutrición infantil.

O xogo trata de sensibilizar dun xeito adecuado sobre a desnutrición infantil e de qué podemos facer entre todos para poñele freno. Médicos sen Fronterias pretende darlle así a esta cuestión unha orientación positiva.

XOGA

SAÚDOS

SAÚDOS

  • SE ESTA É A PRIMEIRA VEZ QUE VISITAS O MEU BLOG, PREME NO TEMA “AMARAL” PARA LER A PRESENTACIÓN E A INVITACIÓN.
  • SE XA NON É A PRIMEIRA VEZ QUE ESTÁS POR AQUÍ, MOITÍSIMAS GRAZAS POR VOLVER.

DE TODOS OS XEITOS, ESPERO QUE NON SEXA A ÚLTIMA.

GRAZAS E UN SAÚDO ENORME

A.MAR.AL

MINIQUESTS MUSICAIS

Estás invitado/a a visitar o meu blog musical "musicbox"

Nel poderás atopar distinta información e actividades relacionadas coa música ademáis de enlaces coas seguintes miniquests:

Claro de Lúa onde as actividades están relacionadas coa obra de Beethoven e unha das súas máis marabillosas historias de amor. Só che avanzo que esta sonata adicoulla a súa "amada inmortal"...

Preludio nº 6 BWV 875 se queres saber máis sobre a obra e a vida do xenial J. S. Bach

Erik Satie definiuse "non músico" pero sí "filófono", queres saber por que?

Negra Sombra para saber todo acerca da música, letra, historia, compositor e escritora deste fantástico poema galego e a súa relación co Día das Letras Galegas.

KV 545 este é o número clasificatorio dunha famosísima sonata de Mozart que te levará a coñecela moito mellor e a comprender que é o KV.

 

Se queres entrar nelas directamente, preme no nome

  

SANTA CECILIA, PATROA DOS MÚSICOS

SANTA CECILIA, PATROA DOS MÚSICOS

SANTA CECILIA 

Santa Cecilia é a patroa dos músicos e a súa onomástica é o 22 de novembro. Viviu no século III pero todos os seus datos se coñecen a través das actas do martirio divulgadas séculos máis tarde. Contan que esta ilustre doncela romana foi prometida polos seus pais a un xoven cabaleiro de nome Valeriano. A felicidade de Cecilia ante esta voda non era tanta, xa que consagrara a súa virxinidade a Jesucristo, pero non quixo oporse á vontade dos seus pais e finalmente a voda celebrouse baixo as leis romanas.

 Durante anos a santa entregou a súa vida aos máis pobres, catequizando a moitos cidadáns de Roma, 400 segundo as actas, e entregando os seus bens a os máis necesidatos . Segundo estas mesmas actas, Santa Cecilia foi arrestada por propagar a fe cristiana. Encerrárona no cuarto da calefacción duns baños romanos coa intención de que falecera asfixiada, pero como non morría degolárona.

 O feito de que se lle relacione coa música é porque dende moi nova tocaba instrumentos musicais, algúns din que a arpa. Tamén se lle representa tocando o piano, aínda que este instrumento no foi inventado ata o século XVIII. Tamén se di que cando foi arrestada non deixaba de entoar cánticos ao Señor.

 En 1584 foi elegida patroa da Academia de Música de Roma, e dende esa data, as diversas corais, orquestras, bandas e cantantes hónrana na súa festa. O exemplo de caridade aos pobres vese traducido porque a súa familia dispuña duns terreos en Vía Appia onde se refuxiaban os pobres. Nese mesmo sitio houbo un cementerio e actualmente existen unha igrexa adicada a ela. É unha das santas que ao longo da historia, máis templos tivo adicados na cidade de Roma.
http://www.terra.es/personal/angerod/cecilia.htm


  

PRESENTACIÓN

Este blog é o resultado de compilar información sobre os días internacionais e educativos que se celebran ao longo do ano.

Trátase dun recurso que utilizo na miña práctica educativa.

 Son mestra de música na etapa de primaria e gusto moito de utilizar esta información para introducir os contidos das distintas sesións didácticas; así os procedementos están basados no eixe motivador proporcionado pola contextualización da celebración, enlazando os contidos da educación musical de xeito globalizado e interdisciplinar co resto de ámbitos educativos e, sobre todo, cos valores humanos e morais.

 Destaca a importancia actitudinal do desenvolvemento das clases onde se prima o respeto, calquer tipo de non discriminación, a empatía, a ecoloxía e o asertivismo.

INVITACIÓN

 Tanto si eres docente como si non, estás invitado/a a botar unha ollada a este traballo e, por suposto, a utilizar todo canto aparece nel.

A orde dos artigos é a mesma na que foron publicados por min, é dicir o primeiro que les é o último que escribín.

 Se queres unha maior organización recoméndoche que premas no tema escollido á túa esquerda, así atoparás todos os artigos referidos a el.

Engado cousas continuamente, así que, non deixes de visitalo para observar as últimas novidades. Moi pronto aparecerán webquests e máis enlaces.

 

CONTACTO

Se queres poñerte en contacto comigo, ofrecerme algunha idea, aportar información ou simplemente saudar podes facelo de dúas formas:

Moitas grazas por visitar AMARAL, RECURSOS

POR QUE SE CELEBRA O 8 DE MARZO?

Catro hitos na historia mundial marcan o Día Internacional da Muller: un levantamento de mulleres rusas, unha ocupación de traballadoras neoiorquinas, unha protesta de mulleres de Manhattan e unha conferencia internacional de mulleres en Dinamarca.

Instituido polas Nacións Unidas dende 1975, o 8 de marzo se celebra como o Día Internacional da Muller. Existen 4 versións frente a orixe da conmemoración:

  • A loita dunhas traballadoras estadounidenses en 1857. decenas de obreras da industria de telas do baixo Manhattan lanzáronse a protestar polas penosas condicións de traballo que tiñan. A policía enfrentouse a elas. Moitas quedaron graves e algunhas morreron.

  • Manifestación masiva das mulleres rusas en 1917. Ao tomar as rúas de Petrogrado, as mulleres precipitaron a Revolución. As rusas levantáronse en contra da guerra que causara o falecemento de dous millóns de soldados rusos. Catro días despois da manifestación masiva “Por pan e paz” (8 de marzo), o zar foi obrigado a renunciar, e co goberno provisional as mulleres lograron o dereito ao voto.

  • Un grupo de obreras textiles ocuparon unha fábrica en New York en 1908 demandando un horario de 10 horas diarias (ata entón era de 16). A resposta dos donos da fábrica foi brutal e ordearon queimar o local no que estaban as mulleres. Morreron 129 obreiras.

  • O 8 de marzo de 1910 celebrouse a Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas en Copenhague, Dinamarca. Alí a alemana Clara Zetkin (integrante do sindicato Internacional de Obreiras da Confección) demandou instituir o Día Internacional da Muller para reclamar os dereitos políticos, civiles e económicos de todas as mulleres do mundo.

DÍA DA MULLER

A data 8 de marzo “Día da Muller” serve para sembrar o esforzo de mulleres de todo o mundo para lograr a igualdade, a xustiza, a paz e o desarrollo.

 As constitucións de moitos países recoñecen a igualdade entre homes e mulleres e, aínda que as melloreas nos últimos anos foron notables, aínda en moitas ocasións non se respetan os dereitos fundamentales. A escola e a educación en valores son os medios máis efectivos para coñecer e respetar eses dereitos e rechazar calquer tipo de discriminación.

 Dende os centros educativos debemos abordar esta celebración para sensibilizar á comunidade educativa sobre as desigualdades que por razón de sexo aínda existen na sociedade e así favorecer a igualdade de oportunidades e mellorar a convivencia entre todas e todos.

 É preciso lembrarlle á sociedade en xeral a situación de discriminación e violencia que aínda sofren as mulleres. A concienciación faise necesaria se queremos unha sociedade máis xusta e igualitaria e conseguila é labor de todas as persoas e en todos os ámbidos de desarrollo do ser humano. Na consecución deste obxectivo xoga un papel fundamental  a educación por ser o espazo idóneo, xunto co familiar, para o desenvolvemento da educación en valores cívicos.

 As actividades comprométense a utilizar a reflexión co alumnado sobre temas e problemáticas que afectan á muller e, polo tanto, á convivencia entre todos.

 Debemos coñecer que a consecución dos dereitos que disfrutamos na actualidade as mulleres do mundo occidental débense aos esforzos de moitas delas que ao longo de sécalos traballaron para conseguilos: o dereito ao voto, á educación, a ocupar os postos de traballo para os que están preparadas,... todos estes logros non viñeron acompañados por suficientes cambios por parte dos homes para incorporarse ás responsabilidades e as tarefas do fogar e o coidado da familia que tradicionalment foi desempeñado por elas de forma exclusiva.

 Ten sentido, polo tanto, a celebración do 8 de marzo, do Día Internacional da Muller, como data de reinvindicación de todo o que falta por conseguir nas nosas sociedades e noutras nas que as mulleres están en situacións moito máis inxustas, con total falta de libertades e de respeto dos dereitos humanos máis elementais.

27 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

27 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

O Instituto Internacional do Teatro, organismo adscrito á UNESCO, estableceu esta data coma o Día Internacional do Teatro, co propósito de conservar latente a actividade da escea no desenvolvemento da cultura universal. Este xénero tan valioso na historia da humanidade reúne as obras dramáticas que son representadas mediante diálogos e monólogos, cuxos actos, cadros e esceas no proceso dramático enxendran interese, unidade, verosimilitude dentro dunha acción que presentan antecedentes, conflictos e desenlaces xa sexa na traxedia, o drama, a comedia, monólogos, autos, farsas e sainetes.

Información recollida en http://www.edufuturo.com/educacion.php?c=2967

DÍA DA ÁRBORE (21 DE MARZO)

DÍA DA ÁRBORE (21 DE MARZO)

 O 21 de marzo comeza a primavera e ademáis é o "Día da Árbore" no que unha iniciativa do PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente) propón que cada una persoa prante unha árbore. A proposta cumpre un obxectivo contra o cambio climático pois prantar árbores podería axudar a reducir a contaminación que provoca o quentamento global da Terra.

No mundo a cifra media de árbores por persoa é de mil, pero en España só hai 125 árbores por persoa. para absorber as emisións de 9 toneladas de habitantes (en España) deberíamos realizar unha prantación intensiva de 72 árbores cada un e cada unha de nós. Por outra banda, se o obxectivo é absorber as emisións do efecto invernadero, ese número de árbores polo menos se compensaría con menor consumo de papel, leña de madeira e se restituir, así, parte do patrimonio.

Se queremos que a próxima xeración poida disfrutar do mesmo número de árbores que disfrutou a nosa, sería necesario prantar 24.000 millóns de árbores en todo o mundo, o que equivale a 4 por ser humano.

Unámonos á convocatoria e prantemos unha árbore, cando menos o 21 de marzo.

 

Información tomada de http://www.derechoanimal.es/2007/03/09/21-de-marzo-dia-del-arbol-plantemos-uno-por-persona/

SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

   A Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, recolle o sentir e os logros dun proceso secular de declaracións de dereitos.

   As declaracións de dereitos e a consideración dos mesmos nas constitucións liberais teñen por finalidade a protección do individuo fronte ós poderes públicos. Trátase de garantir unha esfera privada na que o poder público estatal non se entremeta.

   Para impedir que o Estado, coa súa forza, poida invadir a esfera privada dos individuos, o liberalismo utilizará, entre outros mecanismos, a proclamación dos dereitos e liberdades persoais dándolles a categoría de "naturais", é dicir, propios da natureza humana e, polo tanto, previos e superiores ó Estado. A este non lle queda outro remedio que aceptalos e respetalos.

   Para o recoñecemento dos dereitos cívico-políticos, salvo as excepcións xa sinaladas, será preciso esperar ata principios do século XX, cando a crise do Estado liberal será máis aguda.

   Entre os dereitos cívico-políticos ou democráticos, hai que mencionar os dereitos de reunión, manifestación, asociación, sindicación... o dereito ó voto, a iniciativa popular, o dereito de pedimento, etc.

   O novo Estado social e asistencial non se limita a matizar as liberdades económicas, senón que consagra novos dereitos. Entre eles o dereito á educación, o dereito a unha xusta remuneración polo traballo, a unha vivenda digna, a unha seguridade social, a un descanso semanal, a unhas vacacións, a unhas condicións de traballo humanas, etc. O recoñecemento destes novos dereitos xustifica a calificación do actual Estado demo-liberal como Estado social de dereito.

   Trala 2º Guerra Mundial, as novas Constitucións recollen e explicitan, se cadra aínda máis, os dereitos devanditos.

A Declaración Univesal dos Dereitos Humanos.

10 de decembro de 1948

   O carácter de universalidade é quizais o máis orixinal e salientable desta solemne Declaración: a consideración dunha familia humana con dereitos iguais e inalienables que han fundamentar a liberdade, a xustiza e a paz no mundo. O descoñecemento e o menosprezo dos Dereitos do Home é o que levou "a feitos de barbarie que sublevan a conciencia da humanidade". Estima esencial que os Dereitos do Home sexan protexidos por un réxime de dereitos; en caso contrario o ser humano non terá máis remedio que "rebelarse contra a tiranía da opresión.

   A universalidade volve a aparecer cando se afirma "que é esencial o desenvolvemento de relacións amistosas entre as nacións" e que debe asegurarse o recoñecemento e aplicación destes dereitos universais con "medidas progresivas de orde nacional e internacional".

   No seu articulado, a Declaración de 1948 recolle o abano de dereitos da persoa individual, os dereitos cívico-políticos e mailos económicos-sociais que foran aparecendo en anteriores Declaracións e Constitucións. Penso que abonda co dito anteriormente. Somentes unha referencia ó dereito á educación; esta "debe favorecer a comprensión, a tolerancia e a amistade entre tódalas nacións e tódolos grupos raciais e relixiosos", destacando, unha vez máis, o carácter universal.

   Dous anos despois, en 1950, os Gobernos membros do Consello de Europa, asinaban a Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais; alúdese a unha serie de medidas que aseguren "a garantía colectiva de certos dereitos enunciados na Declaración Universal".

A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978

A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978

   O ordeamento constitucional español de 1978 vén sendo o máis progresivo en contidos de dereitos humanos. As normas constitucionais relativas a dereitos hanse interpretar "de conformidade coa Declaración dos Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materiais ratificados por España" (art. 10º).

As aportacións máis orixinais da Constitución, que incorpora a rica tradición das Declaracións e Constitucións anteriores, son as seguintes:

   * Adiántase a maioría de idade ós dezaoito anos (art. 12º).

   * Queda abolida a pena de morte, salvo o que poidan dispor as leis penais militares para tempos de guerra (art. 15º).

   * Os centros penitenciarios serán orientados "á reeducación e reinserción social". Os detidos terán dereito a un traballo remunerado, ós beneficios da Seguridade Social, ó acceso á cultura e ó desenvolvemento integral da súa personalidade (art. 25º).

   * Dereito á folga (art. 28º).

   * Regulación da obxección de conciencia ó servicio militar (art. 30º).

   * Dereito a disfrutar dun medio ambiente adecuado, así como o deber de conservalo coa fin de protexer e mellorar a calidade de vida, apoiándose na solidariedade colectiva (art. 45º).

   * Defensa dos consumidores e usuarios (art. 51º).

   * Institución do Valedor do Pobo para a defensa dos dereitos e con facultades para supervisar a actividade do Goberno (art. 54º).

 

A REALIZACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

   A protección dos dereitos precisa dunhas institucións políticas e dun sistema xudicial que favorezan e non entorpezan a realización e disfrute dos dereitos. O tópico da "igualdade de oportunidades" está moi lonxe de ser unha realidade, incluso nos rexímenes de democracia, máis avanzada. As desigualdades nacidas de situacións inxustas seguen a afectar a individuos, grupos e nacións: as demandas dos sectores máis desfavorecidos non gozan das prioridades dos gobernos. No peor dos casos, hai gobernos que fan do poder un servicio exclusivo a grupos minoritarios, impedindo un control popular da súa xestión. Gobernos que institucionalizan a represión e a violación dos dereitos humanos "por razóns de Estado".* Dereito á educación: Arredor de 500 millóns de mulleres son analfabetas.

   Segue a haber abusos na privación de liberdade por simples sospeitas e en base a datos da maior imprecisión. Nas actuacións do chamado "control selectivo", as patrullas urbanas de policía interceptan ás persoas na rúa, someténdoas a medidas tan degradantes como o cacheo, mesmo na roupa interior. Non é preciso ser sorprendido "in fraganti" para ser tratado como un delincuente. O mero sospeitoso ven sendo xa un delincuente.

   O problema da discriminación racial e social cobra as notas máis elevadas no seo do pobo xitano. Os cambios na sociedade actual avócaos a situacións de difícil encaixe e a buscar saídas no trapicheo e consumo de drogas, coas súas tráxicas consecuencias na saúde e na desaparición da súa propia cultura.

   Pódense distinguir determinados contextos de resistencia, ordenados por gravidade decrecente de violacións.

a. Dereito dos pobos a dispor de si mesmos: a loita contra a dominación colonial e a ocupación estranxeira

b. A loita contra a discriminación racial

c. Loita contra os rexímenes dictatoriais

d. Resistencia ás violacións dos dereitos humanos nun sistema democrático

(Información seleccionada do Seminario de Educación Pola Paz) 

 

O SAMAÍN

O SAMAÍN

   A ANTIGA FESTIVIDADE CÉLTICA DO SAMAÍN FOI HABITUALMENTE DESCRITA COMO UNHA COMUÑÓN COS ESPÍRITOS DOS DEFUNTOS QUE NO 1º DE NOVEMBRO, TERÍAN AUTORIZACIÓN PARA CAMIÑAR ENTRE OS VIVOS. ABRÍANSE AS PORTAS ENTRE ESTE MUNDO E O MÁIS ALÓ, DÁNDOLLE Á XENTE A POSIBILIDADE DE REUNIRSE COS SEUS ANTEPASADOS MORTOS.

  

   A FESTA DO SAMAÍN, A MÁIS IMPORTANTE DO PERÍODO PRECRISTIÁN, MARCABA PARA OS CELTAS O COMEZO DUN NOVO ANO. NESA DATA PRENDÍANSE LUMES SAGRADOS FRETANDO PÓLAS DE SERBAL E TOXO E QUE DESPOIS ALIMENTARÍAN AS LAREIRAS DE TODAS AS CASAS.

   POLO SAMAÍN É COSTUME BALEIRAR NABOS DE GRANDE TAMAÑO OU CABAZAS PARA PORLLE DENTRO CANDEAS.

   VARIOS SÉCULOS DESPOIS., ESTA TRADICIÓN TEN CONTINUIDADE NAS FESTAS DE “HALLOWEEN”, PUIDENDO SER EXPORTADO AOS ESTADOS UNIDOS POLOS IRLANDESES DO SÉCULO XIX.

O DÍA DOS NAMORADOS

O DÍA DOS NAMORADOS

   Os namorados teñen un día no calendario para demostrar ou reafirmar o seu amor mediante agasallos, adicatorias ou poemas  pero ¿por que o 14 de febreiro? Imos coñecer a lenda de San Valentín e de onde procede esta celebración.  

   Existen diferentes teorías que otorgan a esta data a orixe do día dos Namorados. Nos países nórdicos é durante estas datas cando se emparellan e aparean os paxaros, de aí que este periodo se vexa como un símbolo de amor e creación.

   Algúns cren que é unha festa cristianizada do paganismo, pois na Roma antiga realizábase a adoración ao deus do amor (Eros ao que os romanos chamaban Cupido). Nesta celebración pedíanse favores ao deus a través de agasallos e ofrendas para conseguir así atopar o namorado/a ideal.

  Tamén, e xa fai moitos anos, foi tradicional en Inglaterra a “festa dos valentinus” onde se escollían a homes e mulleres para formar parella. Moitas destas parellas casaban e conseguían a felicidade que se espera atopar e consolidar o Día de San Valentín.

  Outras fontes centran a orixe da Historia de San Valentín na Roma do século III, época na que o cristianismo era perseguido. Neste periodo tamén se prohibía o matrimonio entre os soldados; críase que os homes solteiros rendían máis no campo de batalla que os casados porque non estaban emocionalmente ligados ás súas familias. Nestas circunstancias cando xurde a figura de San Valentín, un sacerdote que decide casar ás parellas baixo o ritual cristián a escondidas dos ollos romanos.

  Valentín, por protexer aos namorados e auspiciar vodas secretas, adquire grande prestixio en toda a cidade e é chamado polo emperador Claudio II para coñecelo. O sacerdote aproveita aquela visita para facer propaganda da relixión cristiá e convencer ao emperador para que siga os pasos de Xesús. Aínda que nun principio Claudio II sentíuse atraído por aquela relixión que os mesmos romanos perseguían, os soldados e o propio Gobernador de Roma lle obrigaron a desistir e organizaron unha campaña en contra de Valentín. O emperador romano mudou de opinión e ordeou ao gobernador de Roma que procesara ao sacerdote.

  A misión de condenar ao sacerdote tivo que ser levada a cabo polo lugarteniente Asterius. Cando este estivo diante do sacerdote burlouse da relixión cristiá e quixo poñer a proba a Valentín. Preguntoulle si sería capaz de devolver a vista a unha das súas fillas que quedara cega. O sacerdote aceptou e no nome do Señor obrou o milagro. O lugarteniente e toda a súa familia convertíronse ao cristianismo pero non puideron liberar a Valentín do seu martirio. San Valentín foi executado un 14 de febreiro.

  Mentres estivo encerrado, o seu carceleiro pediulle que lle dera clases á súa filla Julia, a base de leccións e horas xuntos, Valentín namorouse da moza. A víspera da súa execución, envioulle unha nota de despedida á rapaza na que firmou coas palabras “do teu Valentín”, de aí a orixe das cartas de amor e poemas que se envían os namorados na actualidade e da expresión de despedida “From your Valentine”, coñecida no mundo enteiro e engadida en miles de postais de San Valentín.

  Esta historia quedaría así se non fora porque dous séculos máis tarde a Igrexa católica a recuperou. Daquela era tradición entre os adolescentes practicar unha curiosa festa pagana derivada dos ritos en honra do deus Lupercus (deus da festilidade que se celebraba o 15 de febreiro). Era un sorteo mediante o cal cada mozo escollía o nome dunha moza que se convertiría na súa compañeira durante un  ano. A Santa Sede quixo acabar con esta celebración pagana e canonizou a San Valentín como patrón dos namorados.

  Sexa coma fora, San Valentín convertiuse no patrón de todos os namorados e namoradas. O eco da festividade é un día perfecto para aumentar a venta de frores, postais, poemas de amor, adicatorias, bombóns e todo tipo de agasallos  que se realizan este día ao ser querido para demostrar o seu amor e amizade.

Información recollida en

http://www.sanvalentin.com/historia/

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

   O 30 de Xaneiro, conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asesinado a tiros por un fanático hinduista.

   Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869. Graduouse en dereito en Inglaterra e trasladouse a África do sur coitando alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao voltar á India organizou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base religiosa tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindúes e musulmáns que se produciron tras a independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados,  India e Pakistán, un hindú e outro musulmán). Encarcelado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de movilizar ou deter a millóns de indios.

   Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz (DENIP). Este día foi fundado en 1964 polo Inspector de Enseñanza Básica Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada seglar educativa depacificación co fin de levar aos educandos polo medios da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que “o amor é mellor que u odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra” (Vidal, 1972). O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia mediante a Orde Ministerial do 29 de noviembre de 1976.

   Esta celebración é unha oportunidade máis de contribuir a que os centros se convirtan en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta raza, formación, cultura e relixión. Non debemos esquecer que a escola é o reflexo da sociedade coa que compate defectos, pero nela tamén se educa para a vida e se busca desenvolver nos alumnos as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa

   Así, debemos contribuir á concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humán que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.

Información recollida en:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/actual_0130_paz/index.php3

DÍA MARÍTIMO MUNDIAL

DÍA MARÍTIMO MUNDIAL

O Día Marítimo Mundial foi establecido polas Nacións Unidas coa finalidade de manter e mellorar a seguridade e eficiencia das operacións marítimas internacionais e para previr a contaminación mariña ocasionada especialmente por descargas ilegais que son altamente perigosas e tóxicas.

A decisión a favor da celebración foi tomada polo Consello de Administración da Organización Marítima Mundial (OMI) en 1980 determinando que cada goberno será o que decida que día é o mellor para o festexo ao longo da última semana de setembro.

Un exemplo de desastre medioambiental é o accidente do petroleiro Prestige. As mareas de fuel-oil que teñiron de negro as costas galegas produciron danos incalculables para o medio ambiente e a poboación. Outros problemas como o quentamento global que podería ocasionar a elevación do nivel do mar nas costas, adquiren particular importancia se consideramos que dous tercios da poboación mundial viven en zoas costeiras.

A celebración do Día Marítimo Mundial ofrece a oportunidade de mirar ao futuro establecendo cales son as mellores posibilidades de seguir traballando a favor da seguridade na navegación, así como a protección e a prevención da contaminación.

Información obtida desta páxina

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 No ano 1963 a Real Academia Galega aprobaba por unanimidade a declaración do día 17 de maio como festa anual do Día das Letras Galegas.

         A proposta partira de tres membros desta institución: Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román; a raíz do centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. 

        Baseaban os académicos a súa proposta en que este foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal. “Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, e a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”.

         Ignorábase a data exacta de publicación do libro Cantares Gallegos, pero propúxose o 17 de maio por ser ese día cando Rosalía llo dedicou á escritora e poeta Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber, 1796-1877) 

Esta é a carta que Rosalía escribe a Fernán Caballero adicándolle a súa obra: 

A Fernán Caballero

              Señora:

Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a usted este pequeño libro. Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país.

  Santiago, 17 de mayo de 1863. Rosalía de Castro de Murguía. 

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

   O 8 de Marzo ten lugar unha celebración universal, unha reinvindicación social, unha rememoración necesaria.

   Queremos achegar, facer cercanas e presentes aquelas historias de mulleres que non deben permanecer no olvido.

   A nosa sociedade está chea de modelos de mulleres excepcionais con talentos extraordinarios, non temos máis que botar unha ollada ás nosas nais e avoas,... Intentemos que estes modelos sexan bos exemplos a seguir; se cabe os mellores,  tendo en conta as súas vidas e traballos, as súas inquedanzas e ilusións.

   Non cabe destacar só as galegas ilustres, invitamos a todos e todas a compartir as lembranzas de mulleres non famosas pero sí imprescindibles nas nosas vidas; que sirvan así de homenaxe á súa labor e de exemplo para as novas xeracións.

   Enche o formulario para comentarios que hai debaixo deste artigo cunha historia de mulleres do teu entorno que destacan pola súa labor na vida.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

   O 23 de Abril de cada ano celébrase de xeito internacional o Día do Libro.

   Esta actividade está relacionada cos libros e o uso que facemos deles.

   Trátase de elaborar entre todos e todas un catálogo de leis sobre o libro.

   A ver; intenta poñerte por un intre no sitio dun libro, dun calquera, todos serven,... que lle pedirías aos teus lectores?

Como exemplo poñemos a primeira das leis

 I.            Trátame ben e eu axudareite a ser feliz.

 Engade as túas ideas en forma de comentario.

POR QUE SE REGALAN ROSAS VERMELLAS NO DÍA DO LIBRO?

LENDA DE SAN XURXO E O DRAGÓN

   Conta a lenda, que hai moito, moito  tempo, vivía un terrible dragón, que martirizaba e aterrorizaba a toda unha rexión. Entre tantas cousas que facía, incendiaba as casas e pedía que lle entregaran dous carneiros por día para calmar a súa fame. 

   Seguiron as cousas así durante algún tempo, pero foron tantos os carneiros ofrecidos ao dragón que chegaron a esgotarse e non se atopaba medio de proveer os necesarios. Entón, os habitantes acordaron que diariamente se lle entregarían unha persoa e un animal.Así se foi cumprindo a decisión, tendo coidado de que ningunha familia se librara do sacrificio.

   Un día a “sorte” posouse na filla do rei para ser devorada, polo que o rei angustiouse moitísimo e ofreceu todo o seu ouro, a súa prata e a metade do seu reino para que se liberase á súa filla desa morte tan cruel.

   Nada desto foi tan poderoso coma a decisión tomada polo pobo como resultado das esixencias do dragón.

   A princesa cubriuse con vestiduras reais e logo de ser despedida polo seu pai dirixiuse ao lago de donde saldría o monstruo para devorala.

   Un cabaleiro, que pasaba por alí, viuna chorando e acercouse preguntándolle que lle sucedía.

   A doncela imploroulle que se fora de alí, que un terrible monstruo saldría da auga e o devoraría ao instante. Pero o cabaleiro, montou a cabalo, avanzou hacia o dragón e cargou sobre el intrepidamente, fundindo a súa lanza con tanta forza que o derribou.

   Di a lenda, que do sangue derramado sobre a terra, as bágoas da princesa e polo amor de Xurxo hacia ela, froreceron rosas vermellas por aquelas terras desérticas.

   O dragón, símbolo de violencia e ignorancia, foi vencido por San Xurxo.

   A partir desta lenda, se celebra tradicionalmente o Día del libro e da Rosa, que harmoniza a cultura coa beleza, a intelixencia co afecto, o permanente co efímero.

   A UNESCO decidiu declarar, a partir de 1996, o 23 de abril Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.