A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978
O ordeamento constitucional español de 1978 vén sendo o máis progresivo en contidos de dereitos humanos. As normas constitucionais relativas a dereitos hanse interpretar "de conformidade coa Declaración dos Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materiais ratificados por España" (art. 10º).
As aportacións máis orixinais da Constitución, que incorpora a rica tradición das Declaracións e Constitucións anteriores, son as seguintes:
* Adiántase a maioría de idade ós dezaoito anos (art. 12º).
* Queda abolida a pena de morte, salvo o que poidan dispor as leis penais militares para tempos de guerra (art. 15º).
* Os centros penitenciarios serán orientados "á reeducación e reinserción social". Os detidos terán dereito a un traballo remunerado, ós beneficios da Seguridade Social, ó acceso á cultura e ó desenvolvemento integral da súa personalidade (art. 25º).
* Dereito á folga (art. 28º).
* Regulación da obxección de conciencia ó servicio militar (art. 30º).
* Dereito a disfrutar dun medio ambiente adecuado, así como o deber de conservalo coa fin de protexer e mellorar a calidade de vida, apoiándose na solidariedade colectiva (art. 45º).
* Defensa dos consumidores e usuarios (art. 51º).
* Institución do Valedor do Pobo para a defensa dos dereitos e con facultades para supervisar a actividade do Goberno (art. 54º).
0 comentarios