Blogia

AMARAL, RECURSOS

PRÓXIMAS CELEBRACIÓNS

LEMBRAMOS AS PRÓXIMAS CELEBRACIÓNS

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

15 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CONSUMIDORAS

(Preme no nome do día para botar unha ollada a todos os artigos do blog relacionados con cada un dos temas)

AVISO IMPORTANTE

Neste blog as ilustracións, artigos e imaxes publicadas só teñen fins educativos. Facédenos saber se están suxeitas a dereitos de autor ou autora para poder retiralas.

Os enlaces tamén teñen o mesmo fin, avisádenos se algún se rompeu.

Moitas grazas.

AMARAL

15 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CONSUMIDORAS

O 15 de marzo de 1962, John Kennedy dixo: “Ser consumidor, por definición, inclúenos a todos”.

Daquela comezou a creación da Carta dos Dereitos das persoas Consumidoras na que se recollía “o dereito á seguridade, á información, á elección entre unha variedade de productos e servizos, a prezos competitivos e a ser escoitados polo goberno na formulación de políticas de consumo”. Pouco a pouco engadíronse outros dereitos como “a reparación, a educación das persoas consumidoras, a satisfacción das necesidades básicas e a preocupación por un medio ambiente saudable e sustentable”.

Máis info. sobre o día

DOCUMENTOS RELACIONADOS:

Unidade didáctica Planeta sano

Manual de alumnado e profesorado

Manuais de consumo responsable

 WEB relacionada:

Consumo responsable

CONSUMÓPOLIS

CONSUMÓPOLIS

CONSUMÓPOLIS é un lugar con acceso a información e actividades sobre o Consumo Responsable.

Tamé é un punto de encontro que favorece o intercambio de opinións e experiencias entre aquelas persoas preocupadas pola formación en materia de consumo.

No enlace veredes a páxina en galego, podedes seleccionar outro idioma.

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO

En DOLCETA atopamos un entorno virtual de ferramentas e materiais de formación on-line que FAVORECEN E OFRECEN INFORMACIÓN E CONTIDOS DIDÁCTICOS ao profesorado para potenciar á formación do alumnado en temáticas relacionadas co consumo responsable

 

Os nosos dereitos como persoas consumidoras

Os nosos dereitos como persoas consumidoras

O Servizo Nacional das persos Consumidoras conta na súa páxina web cunha sección infantil con diferentes actividades sobre a reciclaxe, dereitos das persoas consumidoras, consumo responsable,...

Xoguete seguro

Páxina web do proxecto europeo Xoguete Seguro, que ten como obxectivo o CONSUMO RESPONSABLE DE XOGUETES.

Nesta web tamén podes atopar consellos (para familias e escolas) sobre o que hai que ter en conta para escoller ben un xoguete

 

CONSELLOS PARA UN CONSUMO RESPONSABLE

Actitudes e comportamentos básicos de consumo responsable:

1.       Comparar prezos

2.       Fixarse na calidade

3.       Entender a etiqueta

4.       Fixarse na data de caducidade

5.       Gardar o ticket de compra

6.       Ter en conta vantaxes e desvantaxes

7.       Valorar a duración do producto

8.       Informarse das características

9.       Valorar a necesidade

10.   Fixarse no lugar de procedencia

Recomendacións básicas para facer compras en épocas de grandes gastos:

1.       Facer listado das compras necesarias

2.       Ter en conta o presuposto do que disponemos

3.       Comparar prezos e calidade

4.       Ter en conta os productos de Comercio Xusto

 

Planificación á hora de mercar xoguetes:

1.       Ter en conta e idade e madurez dos nenos e nenas cando escollemos un xoguete

2.       Valorar o contido dos xogos e aspectos educativos

3.       Vixiar que os xoguetes cumplen as normas de calidade da Comunidade Europea

4.       Ter en conta aqueles xoguetes que foron realizados con materiais renovables

U. DIDÁCTICA EN GALEGO PARA INFANTIL E PRIMARIA

U. DIDÁCTICA EN GALEGO PARA INFANTIL E PRIMARIA

O MODELO FEMINISTA NON ESTÁ EN CRISE

Ese é o título do manifesto do STEG parao Día da Muller no 2010.

Neste enlace atoparás as propostas didácticas para a celebración do 8 de marzo na escola.

Non esquezas ver as propostas de anos anteriores!

8 DE MARZO = DÍA DA MULLER

8 DE MARZO = DÍA DA MULLER

Todo, absolutamente todo o que necesitas para traballar O Día Internacional da Muller podes atopalo na web de Educación en Valores.

Este enlace lévanos directamente ao apartado de Educación para a igualade. Aquí están os mellores recursos, xogos, guías didácticas, direccións de blogs, ...

Os meus favoritos:

Nosotras creamos mundo

Somos un mundo

Vídeos

e un sin fin de material de todo tipo...

NON DEIXEDES DE VISITAR educacionenvalores.org

 

FELIZ MARZO

FELIZ MARZO

Estes son os días internacionais máis destacados deste mes no que comeza a primavera:

8 de marzo:

Día da Muller

15 de marzo:

Día das persoas consumidoras

21 de marzo:

Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

            Día Mundial da Poesía

            Día Mundial da Árbore

22 de marzo:    

            Día Mundial da Auga

23 de marzo:

            Día Mundial do Bosque e da Metereoloxía

27 de marzo:

            Día do Teatro

 

La familia Bee

Este es un juego que fomenta la realización de tareas compartidas.

Coeducación y educación en valores.

Ir a la web

Febreiro

Febreiro

Remata febreiro, o mes cativo do ano.

Resumimos as celebracións máis importantes do mes máis titiriteiro:

Día Internacional das Linguas Maternas

San Valentín

 

2010 Ano Internacional da Biodiversidade

2010 Ano Internacional da Biodiversidade

As Nacións Unidas declararon 2010 como o Ano Internacional da Biodiversidade.

Trátase dunha celebración da vida na terra e do valor da diversidade biolóxica para as nosas vidas.

O mundo enteiro está invitado a tomar acción neste ano para protexer a variedade da vida na terra: a biodiversidade

Enlace coa páxina oficial da celebración

Páxina da ONU

Biodiversidade na páxina do Ministerio de Medio Ambiente

Da páxina do Ministerio de Medio Ambiente cabe destacar os inventarios (coma o de biodiversidade nacional) ou os atlas (de animais ameazados de España)

No apartado de publicacións dixitais podemos atomar todas as publicacións da web ordeadas alfabéticamente. Son de calidade científica e conteñen moi boas fotos e debuxos

Biodiversidade e xogos

Biodiversidade e xogos

Na páxina do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño podemos atopar unha área infantil con distintos xogos relacionados co coidado da auga, a reciclaxe, a alimentación,…

Día Internacional da LINGUA MATERNA

Día Internacional da LINGUA MATERNA

A Conferencia Xeral da UNESCO proclamou, en novembro de 1999, que o 21 de febreiro sería o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.

Cada ano, dende febreiro de 2000, esta data promove os obxectivos do multilingüismo e a diversidade cultural.

As linguas son o mellor instrumento para a preservación e o desenvolvemento do noso patrimonio cultural. Calquer iniciativa que promova a difusión das linguas maternas non so servirá para incentivar a diversidade lingüística e a educación multilingüe, senon tamén para crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e inspirar á solidaridade basada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.

Hai idiomas que están en perigo de desaparición, polo que moitas persoas en todo o mundo teñen que aprender unha nova lingua para poder desenvolver as súas actividades diarias: traballar, estudar, mercar,… e, como moito, falarán o seu idioma materno coas súas familias.

Hai quen pensa que iso ten o seu lado positivo, se todos faláramos a mesma lingua nos entenderíamos mellor. (…) Pero, realmente, non se trata dun beneficio pois deste xeito a nosa diversidade cultural irá empobrecendo. Ao final todas as persoas saímos perxudicadas.

Datos reveladores

• Dende que o ser humano empezou a falar, unhas 30.000 linguas teñen desaparecido.

• Actualmente, das 6.000 ou 7.000 linguas do mundo, unhas 3.000 están en perigo de desaparición.

• Todos os anos, alomenos 10 idiomas desaparecen.

• Considérase que unha lingua está en perigo cando a falan menos de 100 mil persoas.

Que se pode facer?

Estes idiomas que só falan unha minoría de persoas necesitan protección, así non se perderán sen deixar rastro algún.

Ante esta crise, a UNESCO proclamou o Día Internacional do Idioma Materno co obxecto de promover o recoñecemento e a práctica das linguas nativas, en especial as das minorías e grupos indíxenas.

Calquer iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá tamén para crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e inspirar á solidaridade baseada no entendemento, tolerancia e diálogo.

Que é a lingua materna?

O termo fai referencia a distintas situación: o/os idiomas que primeiro aprendemos, o/os idiomas cos que nos identificamos e co que nos identifican os demáis, o idioma que mellor falamos e máis usamos, o primeiro idioma

Como se celebra este día?

Os estados membros da UNESCO celebran o Día Intenacional do Idioma Materno con calquer tipo de expresión cultural no que se utilice a lingua: cancións, poesías, contos, teatro,…

Trátase de atopar un xeito de chamar a atención acerca da grande diversidade de linguas e culturas que existen no mundo; podemos investigar sobre dialectos, alfabeto Braille, a linguaxe de signos,…

Tamén cabe destacar a importancia de respectar a túa propia lingua materna. O idioma propio de cada un/unha de nós é o noso dereito; o noso idioma é parte da nosa identidade como persoas, e como tal, debe ser respectado.

Información de http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=2176

Ideas para a escola (CREI: Centro de Recursos de Educacion Intercultural de Castilla y León)

Páxina sobre o Día Interacional da Lingua Materna da UNESCO

Día da Paz

Neste artigo inclúo enlaces para saber máis sobre o Día Escolar da non violencia e a paz que se celebra o 30 de xaneiro

Aula intercultural

Intermon Oxfam

 

Mulleres e paz

Mulleres e paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar Da Non violencia e a Paz (DENIP)

O 8 de marzo celebramos o Día da Muller.

"Mujeres y Paz" é unha webquest en castelán que nos ofrece a posibilidade de traballar contidos relacionados cos dous días internacionais na escola mediante a utilización de enlaces organizados para guiar a recopilación da información na elaboración das tarefas.

"Mujeres y Paz" é unha batería de actividades para ser realizadas ao longo do 2º trimestre adicándolle unha sesión semanal dentro da aula de informática e outra dentro da ordinaria.

Agradezo que se queredes utilizala así como o blog editado para o seu uso me avisedes. Chega con que poñades un comentario aquí

AMARAL, RECURSOS preséntase

AMARAL, RECURSOS preséntase

Xa estamos inscritos no IV Premio Espiral de Edublogs 2010.

Este premio está convocado pola Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía e serve para

  • Valorar a importancia e repercusión dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación do alumnado.
  • Reconocer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.
  • Servir de escaparate motivador dunha corriente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeralización do uso das TIC no aula.
  • Favorecer cauces de opinión e debate sobre a necesidade de avanzar no uso dos blogs no entorno educativo.

Se che gusta este blog ou queres criticalo podes facelo neste enlace