A REALIZACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS
A protección dos dereitos precisa dunhas institucións políticas e dun sistema xudicial que favorezan e non entorpezan a realización e disfrute dos dereitos. O tópico da "igualdade de oportunidades" está moi lonxe de ser unha realidade, incluso nos rexímenes de democracia, máis avanzada. As desigualdades nacidas de situacións inxustas seguen a afectar a individuos, grupos e nacións: as demandas dos sectores máis desfavorecidos non gozan das prioridades dos gobernos. No peor dos casos, hai gobernos que fan do poder un servicio exclusivo a grupos minoritarios, impedindo un control popular da súa xestión. Gobernos que institucionalizan a represión e a violación dos dereitos humanos "por razóns de Estado".* Dereito á educación: Arredor de 500 millóns de mulleres son analfabetas.
Segue a haber abusos na privación de liberdade por simples sospeitas e en base a datos da maior imprecisión. Nas actuacións do chamado "control selectivo", as patrullas urbanas de policía interceptan ás persoas na rúa, someténdoas a medidas tan degradantes como o cacheo, mesmo na roupa interior. Non é preciso ser sorprendido "in fraganti" para ser tratado como un delincuente. O mero sospeitoso ven sendo xa un delincuente.
O problema da discriminación racial e social cobra as notas máis elevadas no seo do pobo xitano. Os cambios na sociedade actual avócaos a situacións de difícil encaixe e a buscar saídas no trapicheo e consumo de drogas, coas súas tráxicas consecuencias na saúde e na desaparición da súa propia cultura.
Pódense distinguir determinados contextos de resistencia, ordenados por gravidade decrecente de violacións.
a. Dereito dos pobos a dispor de si mesmos: a loita contra a dominación colonial e a ocupación estranxeira
b. A loita contra a discriminación racial
c. Loita contra os rexímenes dictatoriais
d. Resistencia ás violacións dos dereitos humanos nun sistema democrático
(Información seleccionada do Seminario de Educación Pola Paz)
0 comentarios