Blogia
AMARAL, RECURSOS

Os Dereitos Humanos

Cumbre Mundial da SIDA 2010

Cumbre Mundial da SIDA 2010

Nestes días celébrase en Viena a Conferencia Mundial da SIDA coa que se pretende resaltar o forte vínculo entre Dereitos Humanos e VIH.

Esta conferencia está servindo de marco para diversas propostas e numerosas voces que reclaman máis estratexias para combater a enfermidade que causa cada ano a morte de 2,7 millóns de persoas.

Máis de 20.000 persoas delegadas comparten estos días conclusións, experiencias, propostas e novidades no ámbito da loita contra o VIH e a SIDA. de todo o que se está tratando esta semana (última de xullo) en Viena, resaltan cinco puntos importantes:

- A ONU reclama unha intensificación dos esforzos contra o virus

- A xente máis nova lidera a revolución na prevención do VIH

- Un xel microbicida para mulleres podería recudir a propagación da SIDA

- Estáse reducindo a tasa de transmisión do VIH de nai a fillo/a

- Urxe a necesidade de mellorar os tests de VIH entre a infancia

Esta información foi recollida neste artigo de SAVE THE CHILDREN.

A páxina web ofrece tamén

Vídeo-documental "Lifelines" co que nos sumerximos, a través do testimonio de Thapelo, na realidade dos nenos e nenas en Sudáfrica aos que a SIDA lles obriga a coidar dos seus pais e das súas nais.

Orgullo e prexuizo dende Brasil: Rafael nos conta como está logrando superar o estigma social que lle supuxo ser VIH positivo

Os cinco pilares da cumbre

Desnutrición Infantil

A ONG Médicos sen Fronteiras vén de producir un xogo para escolares que informa sobre a desnutrición infantil titulado "E comeron felices..." unha historia optimista sobre a desnutrición infantil.

O xogo trata de sensibilizar dun xeito adecuado sobre a desnutrición infantil e de qué podemos facer entre todos para poñele freno. Médicos sen Fronterias pretende darlle así a esta cuestión unha orientación positiva.

XOGA

SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

   A Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, recolle o sentir e os logros dun proceso secular de declaracións de dereitos.

   As declaracións de dereitos e a consideración dos mesmos nas constitucións liberais teñen por finalidade a protección do individuo fronte ós poderes públicos. Trátase de garantir unha esfera privada na que o poder público estatal non se entremeta.

   Para impedir que o Estado, coa súa forza, poida invadir a esfera privada dos individuos, o liberalismo utilizará, entre outros mecanismos, a proclamación dos dereitos e liberdades persoais dándolles a categoría de "naturais", é dicir, propios da natureza humana e, polo tanto, previos e superiores ó Estado. A este non lle queda outro remedio que aceptalos e respetalos.

   Para o recoñecemento dos dereitos cívico-políticos, salvo as excepcións xa sinaladas, será preciso esperar ata principios do século XX, cando a crise do Estado liberal será máis aguda.

   Entre os dereitos cívico-políticos ou democráticos, hai que mencionar os dereitos de reunión, manifestación, asociación, sindicación... o dereito ó voto, a iniciativa popular, o dereito de pedimento, etc.

   O novo Estado social e asistencial non se limita a matizar as liberdades económicas, senón que consagra novos dereitos. Entre eles o dereito á educación, o dereito a unha xusta remuneración polo traballo, a unha vivenda digna, a unha seguridade social, a un descanso semanal, a unhas vacacións, a unhas condicións de traballo humanas, etc. O recoñecemento destes novos dereitos xustifica a calificación do actual Estado demo-liberal como Estado social de dereito.

   Trala 2º Guerra Mundial, as novas Constitucións recollen e explicitan, se cadra aínda máis, os dereitos devanditos.

A Declaración Univesal dos Dereitos Humanos.

10 de decembro de 1948

   O carácter de universalidade é quizais o máis orixinal e salientable desta solemne Declaración: a consideración dunha familia humana con dereitos iguais e inalienables que han fundamentar a liberdade, a xustiza e a paz no mundo. O descoñecemento e o menosprezo dos Dereitos do Home é o que levou "a feitos de barbarie que sublevan a conciencia da humanidade". Estima esencial que os Dereitos do Home sexan protexidos por un réxime de dereitos; en caso contrario o ser humano non terá máis remedio que "rebelarse contra a tiranía da opresión.

   A universalidade volve a aparecer cando se afirma "que é esencial o desenvolvemento de relacións amistosas entre as nacións" e que debe asegurarse o recoñecemento e aplicación destes dereitos universais con "medidas progresivas de orde nacional e internacional".

   No seu articulado, a Declaración de 1948 recolle o abano de dereitos da persoa individual, os dereitos cívico-políticos e mailos económicos-sociais que foran aparecendo en anteriores Declaracións e Constitucións. Penso que abonda co dito anteriormente. Somentes unha referencia ó dereito á educación; esta "debe favorecer a comprensión, a tolerancia e a amistade entre tódalas nacións e tódolos grupos raciais e relixiosos", destacando, unha vez máis, o carácter universal.

   Dous anos despois, en 1950, os Gobernos membros do Consello de Europa, asinaban a Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais; alúdese a unha serie de medidas que aseguren "a garantía colectiva de certos dereitos enunciados na Declaración Universal".

A REALIZACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

   A protección dos dereitos precisa dunhas institucións políticas e dun sistema xudicial que favorezan e non entorpezan a realización e disfrute dos dereitos. O tópico da "igualdade de oportunidades" está moi lonxe de ser unha realidade, incluso nos rexímenes de democracia, máis avanzada. As desigualdades nacidas de situacións inxustas seguen a afectar a individuos, grupos e nacións: as demandas dos sectores máis desfavorecidos non gozan das prioridades dos gobernos. No peor dos casos, hai gobernos que fan do poder un servicio exclusivo a grupos minoritarios, impedindo un control popular da súa xestión. Gobernos que institucionalizan a represión e a violación dos dereitos humanos "por razóns de Estado".* Dereito á educación: Arredor de 500 millóns de mulleres son analfabetas.

   Segue a haber abusos na privación de liberdade por simples sospeitas e en base a datos da maior imprecisión. Nas actuacións do chamado "control selectivo", as patrullas urbanas de policía interceptan ás persoas na rúa, someténdoas a medidas tan degradantes como o cacheo, mesmo na roupa interior. Non é preciso ser sorprendido "in fraganti" para ser tratado como un delincuente. O mero sospeitoso ven sendo xa un delincuente.

   O problema da discriminación racial e social cobra as notas máis elevadas no seo do pobo xitano. Os cambios na sociedade actual avócaos a situacións de difícil encaixe e a buscar saídas no trapicheo e consumo de drogas, coas súas tráxicas consecuencias na saúde e na desaparición da súa propia cultura.

   Pódense distinguir determinados contextos de resistencia, ordenados por gravidade decrecente de violacións.

a. Dereito dos pobos a dispor de si mesmos: a loita contra a dominación colonial e a ocupación estranxeira

b. A loita contra a discriminación racial

c. Loita contra os rexímenes dictatoriais

d. Resistencia ás violacións dos dereitos humanos nun sistema democrático

(Información seleccionada do Seminario de Educación Pola Paz)