Blogia
AMARAL, RECURSOS

SANTA CECILIA, PATROA DOS MÚSICOS

SANTA CECILIA, PATROA DOS MÚSICOS
SANTA CECILIA 

Santa Cecilia é a patroa dos músicos e a súa onomástica é o 22 de novembro. Viviu no século III pero todos os seus datos se coñecen a través das actas do martirio divulgadas séculos máis tarde. Contan que esta ilustre doncela romana foi prometida polos seus pais a un xoven cabaleiro de nome Valeriano. A felicidade de Cecilia ante esta voda non era tanta, xa que consagrara a súa virxinidade a Jesucristo, pero non quixo oporse á vontade dos seus pais e finalmente a voda celebrouse baixo as leis romanas.

 Durante anos a santa entregou a súa vida aos máis pobres, catequizando a moitos cidadáns de Roma, 400 segundo as actas, e entregando os seus bens a os máis necesidatos . Segundo estas mesmas actas, Santa Cecilia foi arrestada por propagar a fe cristiana. Encerrárona no cuarto da calefacción duns baños romanos coa intención de que falecera asfixiada, pero como non morría degolárona.

 O feito de que se lle relacione coa música é porque dende moi nova tocaba instrumentos musicais, algúns din que a arpa. Tamén se lle representa tocando o piano, aínda que este instrumento no foi inventado ata o século XVIII. Tamén se di que cando foi arrestada non deixaba de entoar cánticos ao Señor.

 En 1584 foi elegida patroa da Academia de Música de Roma, e dende esa data, as diversas corais, orquestras, bandas e cantantes hónrana na súa festa. O exemplo de caridade aos pobres vese traducido porque a súa familia dispuña duns terreos en Vía Appia onde se refuxiaban os pobres. Nese mesmo sitio houbo un cementerio e actualmente existen unha igrexa adicada a ela. É unha das santas que ao longo da historia, máis templos tivo adicados na cidade de Roma.
http://www.terra.es/personal/angerod/cecilia.htm


  

0 comentarios