Blogia
AMARAL, RECURSOS

AMARAL

De volta ao cole

Xa estamos de volta, un ano máis, e non son poucos.

Sen síndrome postvacacional pero con nervios e ilusións neste novo curso que se presenta pois vai conter unha manchea de novos retos para min.

Opos aprobadas, nova especialidade, novos compañeiros, novo cole, nova vida,... mooooooitas cousas. Agardo non defraudar sobre todo a aquelas persoas que me queren e que confían en min. Agardo seguir sendo (cando menos intentar ser) un bo exemplo a seguir en canto aos meus principios e ideais éticos e morais: respecto ás persoas e ao medio ambiente, tendo en conta a igualdade de oportunidades e os dereitos dos seres humanos e da infancia. Con todo isto, que non é pouco, doume por satisfeita!

Apertas á comunidade educativa! Feliz comezo de curso 

AVISO IMPORTANTE

Neste blog as ilustracións, artigos e imaxes publicadas só teñen fins educativos. Facédenos saber se están suxeitas a dereitos de autor ou autora para poder retiralas.

Os enlaces tamén teñen o mesmo fin, avisádenos se algún se rompeu.

Moitas grazas.

AMARAL

PRESENTACIÓN

Este blog é o resultado de compilar información sobre os días internacionais e educativos que se celebran ao longo do ano.

Trátase dun recurso que utilizo na miña práctica educativa.

 Son mestra de música na etapa de primaria e gusto moito de utilizar esta información para introducir os contidos das distintas sesións didácticas; así os procedementos están basados no eixe motivador proporcionado pola contextualización da celebración, enlazando os contidos da educación musical de xeito globalizado e interdisciplinar co resto de ámbitos educativos e, sobre todo, cos valores humanos e morais.

 Destaca a importancia actitudinal do desenvolvemento das clases onde se prima o respeto, calquer tipo de non discriminación, a empatía, a ecoloxía e o asertivismo.

INVITACIÓN

 Tanto si eres docente como si non, estás invitado/a a botar unha ollada a este traballo e, por suposto, a utilizar todo canto aparece nel.

A orde dos artigos é a mesma na que foron publicados por min, é dicir o primeiro que les é o último que escribín.

 Se queres unha maior organización recoméndoche que premas no tema escollido á túa esquerda, así atoparás todos os artigos referidos a el.

Engado cousas continuamente, así que, non deixes de visitalo para observar as últimas novidades. Moi pronto aparecerán webquests e máis enlaces.

 

CONTACTO

Se queres poñerte en contacto comigo, ofrecerme algunha idea, aportar información ou simplemente saudar podes facelo de dúas formas:

Moitas grazas por visitar AMARAL, RECURSOS