Blogia

AMARAL, RECURSOS

Os meus libros favoritos están en "La Vara"

Os meus libros favoritos están en "La Vara"

Neste artigo me gustaría recomendar a visita a esta librería infantil e xuvenil.

Me gusta moito, sempre atopo o que busco e máis.

Se non tes oportunidade de visitala en Ponteareas aproveita e pásate pola súa fascinante web.

Páxina de La Vara

Este é o seu blog de recomendacións literarias

Un saúdo para as chicas da librería!

As revistas e e-revistas na aula

As revistas e e-revistas na aula

Unha imaxe vale máis...

Tamén baixo ese lema unha web dunha revista vale (ás veces) máis que unha en papel, cando menos pola versatilidade de presentación grupal, rapidez, maior cantidade de información (icónica e textual)

Un exemplo é a revista GEO, acabo de coñecer a súa páxina Mundo-GEO e se me ocorren varias ideas para levala á miña clase, entre as que están ver a revista, disfrutar das fotografías, ver a mesma páxina pero doutros países de Europa, buscar información sobre un tema, falar da diversidade biolóxica,...

Traballar o Día de Europa na aula

Traballar o Día de Europa na aula

Tendo a man estes enlaces podemos obter toda a información necesaria para traballar o Día de Europa (9 de maio) na aula.

Bo día de Europa!!!

Portal da Unión Europea

Xogos online sobre Europa

Canal YouTube de Europa

Recursos infantiles

Páxina Comisión Europea

Páxina Día de Europa

WebQuest Día de Europa

Concurso de carteis

Se aínda che falta algo, ou precisas máis... en Aula Intercultural seguro que o atopas porque neste artigo hai unha boa selección de recursos relacionados con Europa e o seu día.

Negra sombra

Negra sombra

MiniQuest para traballar o Día das Letras Galegas

Medidas para coidar o medio ambiente

Medidas para coidar o medio ambiente

  1. Escolle productos con menos embalaxes, lembra que os envoltorios de cartón ou papel e os envases de vidro son os menos dañinos. Evita alimentos presentados en bandexas de cortiza.
  2. Cando vaias á compra leva a túa propia bolsa. Aproveita as bolsas que che dan.
  3. Aposta polos produtos en formato familiar, xeran menos residuos e son máis económicos
  4. Evita as pilas-botón.
  5. Utiliza o papel polas dúas caras e, cando xa non lle des uso, deposítao nun colector específico.
  6. Entrega na farmacia os medicamentos caducados ou que non uses.
  7. Emprega deterxentes sen fosfatos nin tensoactivos
  8. Despréndete de residuos de xeito responsable; separa papel e cartón, vidro, envases e restos orgánicos en cada colector
  9. Evita o uso do papel de aluminio e o film transparente. Unha opción é gardar os alimentos en friameiras ou tarros de cristal ou plástico.
  10. Sustitúe o baño pola ducha e pecha as billas cando lavas os dentes.
  11. Escolle electrodomésticos con etiqueta enerxética tipo A
  12. Escolle sanitarios con dobre pulsador (que permite escoller entre dúas cantidades diferentes de descarga de auga: 6/8 litros e 3/4 litros), despois decide acorde a cada necesidade ;)
  13. Rechaza productos de usar e tirar; como os panos de papel,...
  14. Desconecta aparatos eléctricos da rede cando non están funcionando; algúna aparatos (tv, cargadores de portátiles,..) seguen gastantdo ata un 33% da enerxía
  15. Evita aerosoles; conteñen CFCs que causan a destrución da capa do ozono ou gases que tamén contribúen ao efecto invernadoiro
  16. Non conectes electrodomésticos como lavadoras se non están completos; en todo caso utiliza programas de media carga
  17. Apaga as luces cando non as precises
  18. Pecha os radiadores das habitacións que non se utilizan e pon o termostato a unha temperatura moderada.
  19. Aporta outras medidas como comentario a este artigo

 

Canto te quero!

Mami, adivina canto te quero!

Hoxe só podo darte grazas por ensinarme todo canto son.

Bótote de menos, non te esquezo, estás sempre no meu pensamento, no meu corazón!

Só che pido unha cousa... quédate comigo... sempre!

"Ay Haití" canción solidaria

25 artistas internacionalmente recoñecidos e outros personaxes públicos poñen voz e imaxe a este "Ay Haití"

Pódese colaborar co proxecto solidario solicitando a canción por SMS e o importe irá integramente a Intermón Oxfam

Letra da canción e máis información

Celebracións no mes de maio

Celebracións no mes de maio

 1:   Día do Traballo

 Primeiro domingo:  Día da nai

 9:   Día de Europa

15:  Día da familia

17:  Día das Letras Galegas

17:  Día Mundial de Internet

18:  Día Internacional dos museos

21:  Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento

22:  Día Internacional da Diversidade Biolóxica

29:  Día Internacional do Persoal de Paz da ONU

31:  Día Mundial sen Tabaco

PRIMEIRO DE MAIO, DÍA DO TRABALLO

PRIMEIRO DE MAIO, DÍA DO TRABALLO

Imaxe collida aquí

"Por qué é festivo o día do traballo?" É un dos primeiros asombros do alumnado máis pequeno.

Propoño distintas respostas, actividades e recursos para resolver este enigma nun só click

WebQuest para Terceiro Ciclo

Fichas para colorear

Orixe da celebración

Actividades relacionadas

Adiviñas de profesións e traballos

En Wikipedia

 

"Cascanueces" de Tchaikovsky

Info sobre a suite "Cascanueces" 

Outra páxina referida ao ballet

Info sobre o autor Chaikovsky

O vídeo pertence a Fantasía de Walt Disney

Web dos dereitos dos Nenos e das Nenas

Web dos dereitos dos Nenos e das Nenas

Dentro da Liga Española da Educación e da Cultura Popular, unha ONG que traballa por un mundo máis xusto, naceu hai sete anos RAYUELA.

Nesta web sobre os Dereitos dos Nenos e das Nenas podemos atopar xogos, vídeos, contos, curiosidades, definicións e moitas cousas máis sobre os dereitos da infancia, a solidaridade e os valores humanos

 

Cambiar o mundo

Redes (25/04/2010): Cambiar el cerebro para cambiar el mundo


Moi interesante a entrevista a Daniel Goleman, autor de "Intelixencia emocional"

Día Mundial da Danza

Hoxe, 29 de abril, celebramos o Día Mundial da Danza.

Foi establecido polo CID (Consejo Internacional de la Danza) en 1982 para atraer a atención sobre a arte da danza

Este día é recoñecido pola UNESCO, os gobernos nacionais e locais, organizacións internacionais e todo tipo de institucións.

Neste día aproveitase para realizar distintas actividades relacionadas coa música e o baile, así como outras que permiten interacción.


Páxina CID internacional

Danza-Ballet 

SOÑOS

SOÑOS

Todo o mundo debería soñar... 

Hoxe quero recomendar a lectura dun libro, "Soños de andel" e a visita a un blog marabilloso, Andeis

Xa fai tempo que quería facelo, pero sempre ando atarefada noutros menesteres se cabe menos importantes pero... a miña cabeza non dá para todo...

A escritora, ademáis de compañeira de profesión é amiga, unha boa amiga!

Susana: lembro que te coñecín hai pouco máis dun ano, presentounos Ruth, ela xa sabía que iamos conxeniar... ;) 

Grazas Susana, por compartir comigo ademáis da paixón polo noso traballo, eses ratiños tan agradables.

Habemos quedar moi pronto.


Se queres coñecer máis este é o enlace co blog da autora

Idea con libros

Idea con libros

Neste artigo me gustaría comentar unha motivadora proposta con bos resultados aportada por unha compañeira blogfesora á que coñezo dende hai pouco pero que xa aprezo moito.

Trátase dunha actividade de motivación á lectura que realizou co seu alumnado este mes coa celebración do Día do Libro.

Os alumnos e alumnas apadriñan e amadriñan libros creando unha ficha sobre o seu libro favorito. Despois pegan as fichas polos corredores para compartir a experiencia.

Enlace co blog Lengüetazos Literarios

Amaral, recursos é un blog responsable sin sexismos

Amaral, recursos é un blog responsable sin sexismos

En Amaral, recursos sempre tentamos facer as cousas e falar sen sexismos.

A linguaxe debuxa e plasma a nosa forma de ver a vida e viceversa.

Apoiamos campañas como a de Blog Responsable e xa estamos unidos.

Neste blog ademáis podemos atopar moitas guías moi útiles para utilizar unha linguaxe non sexista de xeito sinxelo, sen complicacións.

Empezade botando unha ollada a este glosario

 

Enciclopedia de música con YouTube

Esta proposta é un dos miles de exemplos das posibilidades didácticas que nos ofrece a rede, en concreto YouTube.

Xenial!

Enlace

Debuxos animados para todos os públicos

Debuxos animados para todos os públicos


Está en marcha o 3ª Festival Internacional de Animación Online.


Este Festival é un espazo idóneo para que rapaces e rapazas disfruten de películas e debuxos animados de xeito gratuito.

Esta iniciativa ofrece amplas posibilidades didácticas e formativas do sector audiovisual dentro da escola.


Dende AMARAL, recursos queremos fomentar esta iniciativa e animarvos a participar

 

 

Día Mundial da Seguridade e Saúde no traballo (28 de abril)

Cada día morren 6.300 persoas por accidentes ou enfermedades relacionados co traballo, o que representa máis de 2.300.00 mortes ao ano. 

Neste Día Mundial debemos destacar os novos riscos e estratexias de prevención nun mundo do traballo en continua transformación. Unha vez máis é unha oportunidade para defender os nosos dereitos. 

Escollín este vídeo porque define todos os posibles conceptos relacionados con este tema, a prevención de riscos, a saúde, a seguridade no traballo,... dun xeito moi ameno, moi fácil de comprender

SAFEWORK 

PÁXINA DA ONU (con moitos enlaces e información relacionada)

Axencia Europea de Seguridade no Traballo

Día Mundial da Propiedade Intelectual (26 abril)

Día Mundial da Propiedade Intelectual (26 abril)

Moita xente coñece a propiedade intelectual (P.I.) no que a dereito de autor, patentes, deseños industriais e marcas se refire. Pero aínda hai quen pensa que se trata de cuestións empresariais e xurídicas sen moita repercusión nas súas vidas. Para mellorar esta percepción, os Estados da OMPI instauraron no ano 2000 o Día Mundial da Propiedade Intelectual. A data escollida foi o 26 de abril.

Artigo da información

Que é a OMPI

Campaña da X Edición do Día Mundial da Propiedade Intelectual