Medidas para coidar o medio ambiente
- Escolle productos con menos embalaxes, lembra que os envoltorios de cartón ou papel e os envases de vidro son os menos dañinos. Evita alimentos presentados en bandexas de cortiza.
- Cando vaias á compra leva a túa propia bolsa. Aproveita as bolsas que che dan.
- Aposta polos produtos en formato familiar, xeran menos residuos e son máis económicos
- Evita as pilas-botón.
- Utiliza o papel polas dúas caras e, cando xa non lle des uso, deposítao nun colector específico.
- Entrega na farmacia os medicamentos caducados ou que non uses.
- Emprega deterxentes sen fosfatos nin tensoactivos
- Despréndete de residuos de xeito responsable; separa papel e cartón, vidro, envases e restos orgánicos en cada colector
- Evita o uso do papel de aluminio e o film transparente. Unha opción é gardar os alimentos en friameiras ou tarros de cristal ou plástico.
- Sustitúe o baño pola ducha e pecha as billas cando lavas os dentes.
- Escolle electrodomésticos con etiqueta enerxética tipo A
- Escolle sanitarios con dobre pulsador (que permite escoller entre dúas cantidades diferentes de descarga de auga: 6/8 litros e 3/4 litros), despois decide acorde a cada necesidade ;)
- Rechaza productos de usar e tirar; como os panos de papel,...
- Desconecta aparatos eléctricos da rede cando non están funcionando; algúna aparatos (tv, cargadores de portátiles,..) seguen gastantdo ata un 33% da enerxía
- Evita aerosoles; conteñen CFCs que causan a destrución da capa do ozono ou gases que tamén contribúen ao efecto invernadoiro
- Non conectes electrodomésticos como lavadoras se non están completos; en todo caso utiliza programas de media carga
- Apaga as luces cando non as precises
- Pecha os radiadores das habitacións que non se utilizan e pon o termostato a unha temperatura moderada.
- Aporta outras medidas como comentario a este artigo
0 comentarios