Blogia

AMARAL, RECURSOS

21 de maio, Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento

21 de maio, Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento

 Tras a adopción da Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural en novembro de 2001, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas congratulouse das liñas mestras do seu Plan de Acción e proclamou o 21 de maio "Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento"

O día ofrece unha oportunidade de profundizar nas nosas reflexións sobre os valores da diversidade cultural para aprender a "vivir mellor" xunt@s

Artigo en Aula Intercultural

Páxina da ONU sobre o día e máis enlaces

Recursos e actividades en liña - Letras Galegas 2010

Recursos e actividades en liña - Letras Galegas 2010

A Coordinadora Galega de equipos de normalización e dinamización lingüística ofrece un enlace na súa web con recursos e actividades en liña con motivo do Día das Letras Galegas 2010

 

Guía de peregrinación por onda o mar

Guía de peregrinación por onda o mar

Noticia e foto recollida en Culturagalega.org

O trazado do Camiño Portugués da Costa, recoñecido pola Xunta como ruta oficial de peregrinación, está por fin dispoñible na rede. O Concello da Guarda adiantouse á propia Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo e dispoñibiliza para Google Maps e Google Earth as etapas desta vía desde Viana do Castelo ata Compostela.

Web do concello de A Guarda

Enlace co artigo donde atoparemos máis información

Novo web de toponimia de Galicia

Novo web de toponimia de Galicia

A Consellaría de Presidencia vén de presentar o novo web do proxecto Toponimia de Galicia.

No mesmo, pódense consultar o preto de 400.000 nomes de lugar que esta iniciativa inventariou desde o ano 2000, e mesmo se poden localizar os mesmos sobre un mapa.

Enlace co web

Camiños de amor e lúa

Camiños de amor e lúa

O Xacobeo fusiona o Ano Santo e o do Libro nun proxecto poético e musical

Info na web Cultura Galega

Noticia no ABC

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra

A piques de chegar ao día da celebración, o día das nosas letras, engado o enlace con este artigo da web Cultura Galega, que contén distinta información relacionada co escritor, a súa obra, a súa vida, as súas amizades, o seu país,...

Día das letras galegas

Cores do Atlántico

Cores do Atlántico

Concerto ao vivo a partir das 19.30 horas no día de hoxe, 14 de maio, dende a Illa de San Simón e para todo o mundo vía Web.

Sábado 15 de maio en Salceda de Caselas

Enlace:

http://www.coresdoatlantico.com/

Directorio de museos

Directorio de museos

Dende Enfocarte podemos atopar a dirección de calquer museo, galería ou fundación artística relacionada coa pintura.

Neste enlace atopamos o directorio con museos españois

Enlace co museo Warhol, contén recursos e información

Color, visión e arte, páxina con recursos sobre pintura

 

Contando ovellas nos museos...

Contando ovellas nos museos...

   O próximo martes 18 de maio se celebra o Día Internacional dos Museos, unha efeméride anual que ten lugar en todo o mundo dende 1977 e que chega co propósito de sensibilizar á opinion pública do papel que teñen os museos no desenvolvemento da sociedade.
   O lema escollido para este ano polo Consello Internacional dos Museos (ICOM) é "Museos para a Harmonía social" unha consigna que busca demostrar a súa importancia no desenvolvemento da sociedade.
   O programa deste ano inclúe actividades diurnas e nocturnas nas diferentes sás do mundo, así como percorridos sorprendentes por cada unha delas, talleres e conferencias destinadas a todo tipo de público, incluido o infantil, e citas musicais entre outras.
   Ademáis esta celebración conta cunha iniciativa; "A noite dos museos", unha actividade de ámbito europeo que trata de aproximar o mundo dos museos ao público más novo a través dunha programación gratuíta organizada en horario nocturno.
   Así, dende esta fin de semana abren as súas portas para dar comezo a unha programación chea de actividades gratuítas enfocadas ao disfrute de toda a familia.
Info recollida no diario Las Provincias, enlace
Artigo na Voz de Galicia, fala de actividades do MARCO

Celebración Internacional, día da familia

Celebración Internacional, día da familia

 O 20 de setembro de 1993, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decidiu que o 15 de maio de cada ano se celebrase o Día Internacional da Familia.

 

Mensaxe do Secretario Xeral

Neste enlace podemos ler a mensaxe

do Secretario Xeral da ONU con motivo

do Día Internacional da Familia

Nova York, 15 de maio de 2010

Día da Familia (15 de maio)




RecadosOnline - Encontre lindos Recados de Dia da Família clicando aqui!

Feliz día da Familia!

Educando en Igualdade

Educando en Igualdade

Educando en Igualdad é un programa de FETE UGT en colaboración co Instituto da Mujer e o  Ministerio de Igualdade , ten como obxectivo de converterse no punto de referencia e confluencia do mundo educativo no reto de implementar as políticas de igualdade para lograr unha sociedade máis xusta.

Conta con publicacións, asesoría pedagóxica, artigos, recursos,...

Amaral, recursos apoia a súa campaña

Blogs ganadores do Premio Espiral

Blogs ganadores do Premio Espiral

Podemos ver os blogs ganadores neste enlace

Noraboa a todos os ganadores e ganadoras!!! Que traballo tan estupendo tendes feito!!!

Dende AMARAL, recursos queremos dar as GRAZAS á organización por perminirnos participar nun evento tan proveitoso.

Para min foi moi productiva e positiva a experiencia, aprendín mooooitas cousas, fixen o meu TWITTER, coñecín a moita xente marabillosa, contactei con blogfesores e blogfesoras xeniais,...

Unha aperta!

Xogos en VEDOQUE

Xogos en VEDOQUE

Que facía eu sen coñecer esta marabilla de páxina chea de recursos, programas, xogos, actividades, ideas,...? Eh?

Enlace coa web

Enlace co blog

Mapas flash interactivos

Mapas flash interactivos

Pretiño do día de Europa (9 de maio) podemos traballar con estes mapas interactivos.

Non só en galego, en máis idiomas.

Non só de Europa, tamén de comunidades autónomas,...

Xogos didácticos flash para aprender xeografía

A que non me pillas!

A que non me pillas!

Estes consellos van dirixidos á xente máis pequena da casa, para que sexan autónomos e se sintan involucrados na prevención da Gripe A. A axuda e implicación de pais, nais, titores, mestres e mestras é importante para que as medidas de prevención desta enfermidade sexan coñecidas, entendidas e practicadas por todos e todas.

Enlace con máis información onde atopamos un esquema de pasos a seguir, vídeo informativo e xogo online

Salvar vidas está nas túas mans

5 de maio de 2010: Xornada Mundial pola Hixiene de Mans

A Organización Mundial da Saúde (OMS) comprometeuse nun importante movemento a través da iniciativa SAVE LIVES: Clean Your Hands facendo un chamamento mundial para mellorar a adherencia ás recomendacións de hixiene de mans, tanto dos profesionais coma dos cidadáns, como principal medida para previr a transmisión de infeccións relacionadas coa atención sanitaria.

Documentos de interese:

Información recollida na páxina do SERGAS
Escola Galega de Saúde para a cidadanía

Día das Letras Galegas 2010

Este ano o autor homenaxeado é Uxío Novoneyra

Actividades secuenciadas por ciclos en Seminario Galán

Biblioteca das Letras Galegas

Web Día das Letras Galegas

Edugaliza

Páxina de Uxío Novoneyra

Páxina Real Academia Galega

Letras Galegas en AMARAL

MiniQuest Negra Sombra

Contos e "stories"

Contos e "stories"

Sen ningunha dúbida, este artigo publicado en Babelia (El País) o sábado 1 de maio, foi o mellor que lin na prensa esta fin de semana.

Os libros recomendados son unha pasada!

Poño algúns enlaces para ter a man!

Hotel Papel

Editorial Kókinos

Bilingual Readers