Blogia
AMARAL, RECURSOS

2010 Ano Internacional da Biodiversidade

Medidas para coidar o medio ambiente

Medidas para coidar o medio ambiente
  1. Escolle productos con menos embalaxes, lembra que os envoltorios de cartón ou papel e os envases de vidro son os menos dañinos. Evita alimentos presentados en bandexas de cortiza.
  2. Cando vaias á compra leva a túa propia bolsa. Aproveita as bolsas que che dan.
  3. Aposta polos produtos en formato familiar, xeran menos residuos e son máis económicos
  4. Evita as pilas-botón.
  5. Utiliza o papel polas dúas caras e, cando xa non lle des uso, deposítao nun colector específico.
  6. Entrega na farmacia os medicamentos caducados ou que non uses.
  7. Emprega deterxentes sen fosfatos nin tensoactivos
  8. Despréndete de residuos de xeito responsable; separa papel e cartón, vidro, envases e restos orgánicos en cada colector
  9. Evita o uso do papel de aluminio e o film transparente. Unha opción é gardar os alimentos en friameiras ou tarros de cristal ou plástico.
  10. Sustitúe o baño pola ducha e pecha as billas cando lavas os dentes.
  11. Escolle electrodomésticos con etiqueta enerxética tipo A
  12. Escolle sanitarios con dobre pulsador (que permite escoller entre dúas cantidades diferentes de descarga de auga: 6/8 litros e 3/4 litros), despois decide acorde a cada necesidade ;)
  13. Rechaza productos de usar e tirar; como os panos de papel,...
  14. Desconecta aparatos eléctricos da rede cando non están funcionando; algúna aparatos (tv, cargadores de portátiles,..) seguen gastantdo ata un 33% da enerxía
  15. Evita aerosoles; conteñen CFCs que causan a destrución da capa do ozono ou gases que tamén contribúen ao efecto invernadoiro
  16. Non conectes electrodomésticos como lavadoras se non están completos; en todo caso utiliza programas de media carga
  17. Apaga as luces cando non as precises
  18. Pecha os radiadores das habitacións que non se utilizan e pon o termostato a unha temperatura moderada.
  19. Aporta outras medidas como comentario a este artigo

 

SÚMATE Á HORA DO PLANETA

Mira como Pocoyó se apunta á "HORA DO PLANETA"

2010 Ano Internacional da Biodiversidade

2010 Ano Internacional da Biodiversidade

As Nacións Unidas declararon 2010 como o Ano Internacional da Biodiversidade.

Trátase dunha celebración da vida na terra e do valor da diversidade biolóxica para as nosas vidas.

O mundo enteiro está invitado a tomar acción neste ano para protexer a variedade da vida na terra: a biodiversidade

Enlace coa páxina oficial da celebración

Páxina da ONU

Biodiversidade na páxina do Ministerio de Medio Ambiente

Da páxina do Ministerio de Medio Ambiente cabe destacar os inventarios (coma o de biodiversidade nacional) ou os atlas (de animais ameazados de España)

No apartado de publicacións dixitais podemos atomar todas as publicacións da web ordeadas alfabéticamente. Son de calidade científica e conteñen moi boas fotos e debuxos

Biodiversidade e xogos

Biodiversidade e xogos

Na páxina do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño podemos atopar unha área infantil con distintos xogos relacionados co coidado da auga, a reciclaxe, a alimentación,…