SOÑOS
Todo o mundo debería soñar...
Hoxe quero recomendar a lectura dun libro, "Soños de andel" e a visita a un blog marabilloso, Andeis
Xa fai tempo que quería facelo, pero sempre ando atarefada noutros menesteres se cabe menos importantes pero... a miña cabeza non dá para todo...
A escritora, ademáis de compañeira de profesión é amiga, unha boa amiga!
Susana: lembro que te coñecín hai pouco máis dun ano, presentounos Ruth, ela xa sabía que iamos conxeniar... ;)
Grazas Susana, por compartir comigo ademáis da paixón polo noso traballo, eses ratiños tan agradables.
Habemos quedar moi pronto.
Se queres coñecer máis este é o enlace co blog da autora
0 comentarios