Blogia
AMARAL, RECURSOS

M.Q.B. (Mira Que Blog)

Gloria Fuertes

Gloria Fuertes

Estupenda páxina adicada á autora onde podemos atopar máis de 50 poemas, a súa biografía, manuscritos e incluso a súa voz.

Poetisa infantil e implicada social que apostaba por un mundo en paz.


El día que se implante la Paz,                   

sobre la Tierra

caerá una nevada tenaz

y duradera.

O seu afán pedagóxico fixo aprendernos as táboas de multiplicar e unha infinidade de trucos ortográficos:


Verso para la ortografía

a lavar ropa con uve,

alabar a Dios con be.

Huevo con hache y tomate

apto de aptitud con pe...

Gloria: Benvida a Amaral, recursos. Encantada e orgullosa de terte entre nós!

Enlace

Web da Internacional da Educación

Web da Internacional da Educación

A Internacional da Educación representa a máis de 30 000 000 docentes e traballadores e traballadoras da educación.

Conta con 402 organizacións miembros en 173 países e territorios. Dende o ensino preescolar ata a universidade.

A Internacional da Educación protexe os dereitos de todo o profesorado e alumnado a quen educa.

Contribúe ao desenvolvemento de organizacións democráticas para as persoas docentes e fomenta a solidaridade e a cooperación mutua.

Loita contra o racismo e a discriminación na educación e na sociedade, favorecento as boas relacións entre traballadores e traballadoras da educación en todos os países.

A Internacional da Educación é o portavoz do sector educativo no mundo.

Web da Internacional da Educación

Novo web de toponimia de Galicia

Novo web de toponimia de Galicia

A Consellaría de Presidencia vén de presentar o novo web do proxecto Toponimia de Galicia.

No mesmo, pódense consultar o preto de 400.000 nomes de lugar que esta iniciativa inventariou desde o ano 2000, e mesmo se poden localizar os mesmos sobre un mapa.

Enlace co web

Cores do Atlántico

Cores do Atlántico

Concerto ao vivo a partir das 19.30 horas no día de hoxe, 14 de maio, dende a Illa de San Simón e para todo o mundo vía Web.

Sábado 15 de maio en Salceda de Caselas

Enlace:

http://www.coresdoatlantico.com/

Xogos en VEDOQUE

Xogos en VEDOQUE

Que facía eu sen coñecer esta marabilla de páxina chea de recursos, programas, xogos, actividades, ideas,...? Eh?

Enlace coa web

Enlace co blog

Os meus libros favoritos están en "La Vara"

Os meus libros favoritos están en "La Vara"

Neste artigo me gustaría recomendar a visita a esta librería infantil e xuvenil.

Me gusta moito, sempre atopo o que busco e máis.

Se non tes oportunidade de visitala en Ponteareas aproveita e pásate pola súa fascinante web.

Páxina de La Vara

Este é o seu blog de recomendacións literarias

Un saúdo para as chicas da librería!

SOÑOS

SOÑOS

Todo o mundo debería soñar... 

Hoxe quero recomendar a lectura dun libro, "Soños de andel" e a visita a un blog marabilloso, Andeis

Xa fai tempo que quería facelo, pero sempre ando atarefada noutros menesteres se cabe menos importantes pero... a miña cabeza non dá para todo...

A escritora, ademáis de compañeira de profesión é amiga, unha boa amiga!

Susana: lembro que te coñecín hai pouco máis dun ano, presentounos Ruth, ela xa sabía que iamos conxeniar... ;) 

Grazas Susana, por compartir comigo ademáis da paixón polo noso traballo, eses ratiños tan agradables.

Habemos quedar moi pronto.


Se queres coñecer máis este é o enlace co blog da autora

Idea con libros

Idea con libros

Neste artigo me gustaría comentar unha motivadora proposta con bos resultados aportada por unha compañeira blogfesora á que coñezo dende hai pouco pero que xa aprezo moito.

Trátase dunha actividade de motivación á lectura que realizou co seu alumnado este mes coa celebración do Día do Libro.

Os alumnos e alumnas apadriñan e amadriñan libros creando unha ficha sobre o seu libro favorito. Despois pegan as fichas polos corredores para compartir a experiencia.

Enlace co blog Lengüetazos Literarios

Enciclopedia de música con YouTube

Esta proposta é un dos miles de exemplos das posibilidades didácticas que nos ofrece a rede, en concreto YouTube.

Xenial!

Enlace

Educación Musical e YouTube

Precisamente na semana na que YouTube está de aniversario (5 anos cumple) atopo este fantástico artigo de Fernando Trujillo na web de Educa con Tic

Nel se comentan algunhas posibilidades das TIC para a Educación Musical, pero o artigo é de interese para toda persoa amante da boa música.

Este é o enlace

Wikisaber

Wikisaber

Wikisaber é un portal educativo fundamentado no ensino e na aprendizaxe colaborativos. Gratuito e pensado para todos os cursos de ensino obrigatorio, quere ser o marco para que familias, profesorado e alumnado poida compartir coñecemento e se comuniquen entre si, ademáis aporta recursos e contidos de calidade.

AMARAL, recursos xa está rexistrado e forma parte desta comunidade

 

Novo tema en AMARAL

Novo tema en AMARAL

Hoxe nace un novo tema no blog AMARAL, recursos.

Leva por título M.Q.B. pero non ten moito que ver co programa de baile de tele 5, non. As iniciais concordan coa frase Mira Que Blog.

Así queda máis claro a relación que terán os artigos e enlaces pertencentes a este tema: darei a coñecer aqueles blogs que descubro que teñen cousas interesantes a nivel educativo, que non son poucos, buff! Agárdame un gran traballo por diante, empezarei comentando un pouco aqueles dos que teño enlaces.