Blogia
AMARAL, RECURSOS

Letras Galegas

Recursos e actividades en liña - Letras Galegas 2010

Recursos e actividades en liña - Letras Galegas 2010

A Coordinadora Galega de equipos de normalización e dinamización lingüística ofrece un enlace na súa web con recursos e actividades en liña con motivo do Día das Letras Galegas 2010

 

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra

A piques de chegar ao día da celebración, o día das nosas letras, engado o enlace con este artigo da web Cultura Galega, que contén distinta información relacionada co escritor, a súa obra, a súa vida, as súas amizades, o seu país,...

Día das letras galegas

Día das Letras Galegas 2010

Este ano o autor homenaxeado é Uxío Novoneyra

Actividades secuenciadas por ciclos en Seminario Galán

Biblioteca das Letras Galegas

Web Día das Letras Galegas

Edugaliza

Páxina de Uxío Novoneyra

Páxina Real Academia Galega

Letras Galegas en AMARAL

MiniQuest Negra Sombra

Negra sombra

Negra sombra

MiniQuest para traballar o Día das Letras Galegas

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS  No ano 1963 a Real Academia Galega aprobaba por unanimidade a declaración do día 17 de maio como festa anual do Día das Letras Galegas.

         A proposta partira de tres membros desta institución: Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román; a raíz do centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. 

        Baseaban os académicos a súa proposta en que este foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal. “Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, e a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”.

         Ignorábase a data exacta de publicación do libro Cantares Gallegos, pero propúxose o 17 de maio por ser ese día cando Rosalía llo dedicou á escritora e poeta Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber, 1796-1877) 

Esta é a carta que Rosalía escribe a Fernán Caballero adicándolle a súa obra: 

A Fernán Caballero

              Señora:

Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a usted este pequeño libro. Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país.

  Santiago, 17 de mayo de 1863. Rosalía de Castro de Murguía.