Blogia

AMARAL, RECURSOS

A muller, o verdadeiro motor de África

’Ellas son... África’, ejemplos de mujer


Quero facer mención a este documental fantástico, agardo poder conseguilo, ou alomenos chegar a velo pronto.

Polo de agora engado estes enlaces para telo presente.

Artigo en RTVE

Vídeo relacionado

Presentación feita pola Vicepresidenta

Artigo de prensa

Artigo en Cine en Violeta

Médicos Sin Fronteras contra o paludismo

Médicos Sin Fronteras contra o paludismo

No día mundial do Paludismo, MSF (Médicos Sin Fronteras) denuncia que la malaria segue matando a un millón de persoas ao ano a pesar de existir solucións médicas que o evitarían.

Enlace co artigo

Enlace coa web de MSF 

Vídeo informativo sobre malaria

Día Mundial do Paludismo (25 de abril)

Día Mundial do Paludismo (25 de abril)

A malaria (ou paludismo) segue ameazando ao 40% da poboación mundial. Afecta a máis de 500 millóns de persoas e causa a morte de máis de 1 millón delas ao ano.

O día Mundial do Paludismo, dende maio de 2007, supón un recoñecemento aos esforzos en todo o mundo para controlar eficazmente a malaria. É unha xornada para que os países afectados aproveiten experiencias dos demáis, que novos donantes se comprometan coa nova alianza mundial contra a malaria e as institucións acadécimas e de investigación expoñan os seus adiantos científicos.

 

Páxina da OMS, enlace co artigo

Páxina Oficial do Día Mundial da Malaria 2010 (en inglés)

Que é a malaria

Información sobre a malaria

Fotos e imaxes

Información médica

Educación Musical e YouTube

Precisamente na semana na que YouTube está de aniversario (5 anos cumple) atopo este fantástico artigo de Fernando Trujillo na web de Educa con Tic

Nel se comentan algunhas posibilidades das TIC para a Educación Musical, pero o artigo é de interese para toda persoa amante da boa música.

Este é o enlace

Wikisaber

Wikisaber

Wikisaber é un portal educativo fundamentado no ensino e na aprendizaxe colaborativos. Gratuito e pensado para todos os cursos de ensino obrigatorio, quere ser o marco para que familias, profesorado e alumnado poida compartir coñecemento e se comuniquen entre si, ademáis aporta recursos e contidos de calidade.

AMARAL, recursos xa está rexistrado e forma parte desta comunidade

 

O poema "Negra Sombra" de Rosalía unirá as prazas galegas no Día do Libro

O poema "Negra Sombra" de Rosalía unirá as prazas galegas no Día do Libro

PROMOCIÓN DA LECTURA

A Xunta de Galicia promove a iniciativa "ÁgoraLibros. Os libros nas prazas", na que se empregarán 100.000 volumes para escribir de forma simultánea estrofas do poema de Rosalía en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Enlace co artigo

WebQuest sobre Negra Sombra

 

En abril, libros mil

En abril, libros mil

Gustoume moito este título do artigo do blog de Kalandraka.

Tendes que velo!

Feliz día do libro a todo o mundo!

Feliz santo a tódolos Xurxos!

Rosas e libros para cada un/unha de vós!

Como e por que sobrevivir a unha semana sen TV

Como e por que sobrevivir a unha semana sen TV

Ilustración tomada da campaña "Semana sen TV 09" de Ecologistas en acción

Distintas asociacións ecoloxistas promoven a celebración, durante a última semana de abril, da "semana sen televisión" defendendo a idea de que a televisión destrúe as relacións sociais e propón un consumo insostible.

Esta é a proposta de AMARAL,recursos: os motivos polos que hai que ter en conta que a televisión non é un xoguete, e unha pequena lista de alternativas ao consumo excesivo de televisión.

A TV é un mercado para nenos e nenas: o marketing publicitario é na súa maioría dirixido aos nosos pequenos de entre 2 e 14 anos e influen en compras de máis de 500 millóns de dólares ao ano.

A TV contribúe a crear modelos de violencia: nenos e nenas que ven programas violentos son máis propensos a atacar aos seus compañeiros, discutir e desobedecer á autoridade

A TV contribúe á obesidade: os nenos e nenas que ven  televisión son propensos a facer menos exercicio, queimar menos calorías e consumir máis.

A TV interfire na alfabetización: A TV socava á lectura

A TV atenta contra o tempo en familia: o tempo no que miramos a televisión non falamos ou facemos cousas coa nosa familia

 

ALTERNATIVAS Á TV

O xogo físico; concursos de baile, de cancións, de ler poesías, de disfraces,…

 

O xogo imitativo: aos nenos e nenas lles encanta xogar a facer un papel; ás tendas, aos restaurantes, ás compras,… Esto servirá como material para facer moitos proxectos de arte e estar entretidos/as un bo tempo desenvolvendo capacidades creativas e de coidado do medioambiente.

 

Axudar na casa; coas tarefas, coa preparación da comida ou cea, cargando ou descargando o lavavaixelas,…

Crear unha caixa de arte e enchela de páxinas de revistas, pezas de xoias sen uiso, cintas, ramas, pedras, follas ou calcer obxecto...

Ler, debuxar e escribir; deseñar unha tarxeta ou carta a un familiar ou amigo, ler en voz alta, interpretar poesía, facer con xestos, xogar ás adiviñas, facer debuxos para avasallar a alguén querido.

Amigos; invitar a outros nenos ou nenas a vir a casa, co xogo desenvolverán habilidades sociais e poden compartir todas as tarefas antes mencionadas.

Algunhas destas ideas foron sacadas deste artigo o resto son propias ;)

http://es.4children.org/issues/2004/march_april/a_week_without_tv/

Adeus a Samaranch

Adeus a Samaranch

Premiado co Príncipe de Asturias ao deporte, Samaranch foi exemplo a seguir en moitos aspectos, para min o principal é que sempre se esforzou por facer do deporte un mundo solidario

Preme para ver un vídeo

Foto tomada en http://rugbipensador.wordpress.com/2009/10/16/en-samaranch-la-fcr-i-el-rugby-olimpic/

Día da Terra (22 de abril)

O Día da Terra ou Earth Day é outro dos días festivos da axenda mundial. Celébrase o 22 de abril en todo o mundo dende 1970, o seu obxectivo é promover a cultura da sostenibilidade, o manexo responsable dos recursos naturais e a loita contra o cambio climático

Páxina oficial arxentina

El tercer planeta dende aquí poderás ver fantásticos vídeos

Vídeo canción de Macaco

AMARAL, recursos entre os finalistas do IV Premio Espiral edublogs 2010

AMARAL, recursos entre os finalistas do IV Premio Espiral edublogs 2010

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

 

Enlace coa páxina dos finalistas

Amaral está de luto.

 

Negra é a dor que sinto,

negro o silencio,

negra a túa ausencia,

negro o frío sen ti.

Negra é a sombra da noite,

negro o sentimento,

negra a tristeza,

negro todo se non estás.

 

Quérote infinito, quédate comigo para sempre

Recursos para celebracións do mes de abril

Recursos para celebracións do mes de abril

Día do Libro Infantil e xuvenil (2 de abril)

Día da Saúde (7 de abril)

Día Mundial da Erradicación da Esclavitude Infantil (16 de abril)

Día Mundial da Terra (22 de abril)

Día do Libro (23 de abril)

Día internacional da Danza (29 de abril)

Semana sin televisión (última semana de abril)

 

DEBUXO

 

1000 visitas. Grazas!

1000 visitas. Grazas!

GRAZAS Agardo que sexan moitas máis

Incluso a pobreza extrema pode transformarse

Los Cimientos para la Paz from nobeldelapaz on Vimeo.

Fundación Vicente Ferrer

2010 Ano Europeo da Loita conta a Pobreza e a Exclusión Social

2010 Ano Europeo da Loita conta a Pobreza e a Exclusión Social

Europa únese para loitar contra a Pobreza e a Exclusión social

Vivir na pobreza arrastra diversos problemas. Non só consiste en non ter cartos suficientes para mercar alimentos e roupa, senon tamén vivir nunha vivenda precaria ou carecer de fogar.

Vivir na pobreza significa tamén ter un estilo de vida con menos opcións.

Todo isto leva á exclusión social

Sobre o ano Europeo

Máis información

22

22

O número de mulleres asasinadas por violencia de xénero no que vai de ano chegou hoxe a

22

Mujeres y Paz

Novo tema en AMARAL

Novo tema en AMARAL

Hoxe nace un novo tema no blog AMARAL, recursos.

Leva por título M.Q.B. pero non ten moito que ver co programa de baile de tele 5, non. As iniciais concordan coa frase Mira Que Blog.

Así queda máis claro a relación que terán os artigos e enlaces pertencentes a este tema: darei a coñecer aqueles blogs que descubro que teñen cousas interesantes a nivel educativo, que non son poucos, buff! Agárdame un gran traballo por diante, empezarei comentando un pouco aqueles dos que teño enlaces.

 

IQBAL MASIH, símbolo da loita contra a explotación infantil

Iqbal Masih naceu en 1982 e Pakistán. Aos 4 anos o seu pai vendeuno coma esclavo a un fabricante de alfombras por 600 rupias (12 dólares). Dende entón, Iqbal foi obrigado a traballar máis de doce horas diaria encadeado a un tear sendo sometido a constantes palizas.

Cando tiña 10 anos logrou escapar da fábrica pero as condicións infrahumanas nas que viviu causaron serios estragos no seu corpo. Aos 12 anos tiña a estatura e o peso dun neno de seis.

Dende o seu escape dedicouse a denunciar, co apoio do sindicato de traballadores de ladrillos, os abusos contra nenos pakistaníes. As súas denuncias cruzaron as fronteiras e visitou Suecia e Estados Unidos, convertido nun líder infantil.

O 16 de abril de 1995, Igbal saiu pasear en bicicleta pola súa aldea natal. Foi asesinado a tiros e a mafia de fabricantes de alfombras foi acusada do crime.

Este neno pakistaní, Iqbal Masih, é considerado o símbolo da loita contra a explotación infantil.

 

http://www.aciprensa.com/noticia.php?n=25087

MÁIS DE 8 MILLÓNS DE NENOS E NENAS NO MUNDO SON ESCLAVOS

MÁIS DE 8 MILLÓNS DE NENOS E NENAS NO MUNDO SON ESCLAVOS

Hai máis de 200 millóns de nenos e nenas traballadoras, dos cales 126 millóns realizan traballos perigosos e 8 millóns e medio fano en condicións de esclavitude, atrapados nas peores formas de traballo ilegal, degradante e perigoso

Info recollida na páxina de Save the children 

 

Engado neste artigo distintos enlaces donde podemos atopar máis información sobre a esclavitude infantil e a celebración do Día Mundial da Erradicación da Esclavitude Infantil (16 de Abril)

 

Fantástico artigo

 

Outro artigo

 

Sección sobre o traballo infantil na OIT Organización Internacional do Traballo

 

Artigo Prensa y Escuela (La voz de Galicia) Artigo do que saquei a fotografía

 

Publicacións didácticas

 

Rompamos as cadeas da explotación infantil. Shave the children

 

Explotación infantil en Wikipedia

 

Del olvido a la memoria: documentos didácticos da UNESCO