Día Mundial do Paludismo (25 de abril)
A malaria (ou paludismo) segue ameazando ao 40% da poboación mundial. Afecta a máis de 500 millóns de persoas e causa a morte de máis de 1 millón delas ao ano.
O día Mundial do Paludismo, dende maio de 2007, supón un recoñecemento aos esforzos en todo o mundo para controlar eficazmente a malaria. É unha xornada para que os países afectados aproveiten experiencias dos demáis, que novos donantes se comprometan coa nova alianza mundial contra a malaria e as institucións acadécimas e de investigación expoñan os seus adiantos científicos.
Páxina da OMS, enlace co artigo
Páxina Oficial do Día Mundial da Malaria 2010 (en inglés)
0 comentarios