Blogia
AMARAL, RECURSOS

Como e por que sobrevivir a unha semana sen TV

Como e por que sobrevivir a unha semana sen TV

Ilustración tomada da campaña "Semana sen TV 09" de Ecologistas en acción

Distintas asociacións ecoloxistas promoven a celebración, durante a última semana de abril, da "semana sen televisión" defendendo a idea de que a televisión destrúe as relacións sociais e propón un consumo insostible.

Esta é a proposta de AMARAL,recursos: os motivos polos que hai que ter en conta que a televisión non é un xoguete, e unha pequena lista de alternativas ao consumo excesivo de televisión.

A TV é un mercado para nenos e nenas: o marketing publicitario é na súa maioría dirixido aos nosos pequenos de entre 2 e 14 anos e influen en compras de máis de 500 millóns de dólares ao ano.

A TV contribúe a crear modelos de violencia: nenos e nenas que ven programas violentos son máis propensos a atacar aos seus compañeiros, discutir e desobedecer á autoridade

A TV contribúe á obesidade: os nenos e nenas que ven  televisión son propensos a facer menos exercicio, queimar menos calorías e consumir máis.

A TV interfire na alfabetización: A TV socava á lectura

A TV atenta contra o tempo en familia: o tempo no que miramos a televisión non falamos ou facemos cousas coa nosa familia

 

ALTERNATIVAS Á TV

O xogo físico; concursos de baile, de cancións, de ler poesías, de disfraces,…

 

O xogo imitativo: aos nenos e nenas lles encanta xogar a facer un papel; ás tendas, aos restaurantes, ás compras,… Esto servirá como material para facer moitos proxectos de arte e estar entretidos/as un bo tempo desenvolvendo capacidades creativas e de coidado do medioambiente.

 

Axudar na casa; coas tarefas, coa preparación da comida ou cea, cargando ou descargando o lavavaixelas,…

Crear unha caixa de arte e enchela de páxinas de revistas, pezas de xoias sen uiso, cintas, ramas, pedras, follas ou calcer obxecto...

Ler, debuxar e escribir; deseñar unha tarxeta ou carta a un familiar ou amigo, ler en voz alta, interpretar poesía, facer con xestos, xogar ás adiviñas, facer debuxos para avasallar a alguén querido.

Amigos; invitar a outros nenos ou nenas a vir a casa, co xogo desenvolverán habilidades sociais e poden compartir todas as tarefas antes mencionadas.

Algunhas destas ideas foron sacadas deste artigo o resto son propias ;)

http://es.4children.org/issues/2004/march_april/a_week_without_tv/

0 comentarios