Blogia
AMARAL, RECURSOS

Día Salud

Salvar vidas está nas túas mans

5 de maio de 2010: Xornada Mundial pola Hixiene de Mans

A Organización Mundial da Saúde (OMS) comprometeuse nun importante movemento a través da iniciativa SAVE LIVES: Clean Your Hands facendo un chamamento mundial para mellorar a adherencia ás recomendacións de hixiene de mans, tanto dos profesionais coma dos cidadáns, como principal medida para previr a transmisión de infeccións relacionadas coa atención sanitaria.

Documentos de interese:

Información recollida na páxina do SERGAS
Escola Galega de Saúde para a cidadanía

7 de abril. DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Precisamente agora, despois de ter pasado as últimas 34 horas nun hospital pola saúde da persoa que máis quero no mundo, escribo este artigo.

Precisamente hoxe, pero podería ser calquer día.

A saúde é o ben de máis valor que temos, o que tamén (a maior parte das veces) lembramos cando carecemos del ou se nos estraga.

Coida a túa saúde!

O vídeo escollido está realizado por un noticiario mexicano, para este caso é moi apropiado, falanos da celebración, do seu día e nos lembra da importancia da prevención no coidado dunha boa saúde.

Saúde!


Preme aquí e para ver todos os artigos e enlaces relacionados co día da Saúde en AMARAL, recursos

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2010: Mil cidades, mil vidas

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2010: Mil cidades, mil vidas

 

O Día Mundial da Saúde 2010 céntrase na urbanización e na saúde. Durante a semana do 7 ao 11 de abril deste ano organízanse eventos en todo o mundo.

Os obxectivos mundiais desta campaña son:

 

Mil cidades: abrir espazos públicos á saúde, ben sexa para realizar actividades nos parques, reunións cidadás, campañas de limpeza ou pechar parte das rúas ao tránsido de vehículos motorizados.

Mil vidas: reunir mil relatos de promotores da saúde urbana que tiveran un impacto considerable na saúde das súas cidades.

 

Folleto da celebración

Sitio youtube da celebración

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. 7 DE ABRIL

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. 7 DE ABRIL


En 1948, a Primeira Asamblea Mundial da Saúde propuxo a creación dun "Día Mundial da Saúde".

Dende 1950, cada 7 de abril o mundo celebra o Día Mundial da Saúde. 

Ese día centos de eventos conmemoran a importancia da saúde para unha vida productiva e feliz.

O obxectivo é que en todo o mundo se tome conciencia dun tema de saúde específico a fin de destacar unha área prioritaria de interese para a Organización Mundial da Saúde (OMS). 

Algúns dos obxectivos do Desenvolvemento da ONU para o Milenio (dos que todos os estados membros da ONU se comprometeron a cumprir para o ano 2015 son:

- Reducir a mortandade infantil

- Mellorar a saúde materna

- Combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades


Nacións Unidas e saúde

Proxecto da saúde: combatendo a enfermidade. Carpeta de material para o profesorado

Máis información, enlaces e recursos na páxina da ONU en relación coa celebración