Blogia

AMARAL, RECURSOS

7 de abril. DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Precisamente agora, despois de ter pasado as últimas 34 horas nun hospital pola saúde da persoa que máis quero no mundo, escribo este artigo.

Precisamente hoxe, pero podería ser calquer día.

A saúde é o ben de máis valor que temos, o que tamén (a maior parte das veces) lembramos cando carecemos del ou se nos estraga.

Coida a túa saúde!

O vídeo escollido está realizado por un noticiario mexicano, para este caso é moi apropiado, falanos da celebración, do seu día e nos lembra da importancia da prevención no coidado dunha boa saúde.

Saúde!


Preme aquí e para ver todos os artigos e enlaces relacionados co día da Saúde en AMARAL, recursos

DÍA DA TERRA 22 de abril


Macaco - Mama Tierra - Día de la Tierra
Cargado por PupilasDilatadas. - Videos de música, entrevistas a los artistas, conciertos y más.

Día Internacional do libro infantil e xuvenil (2 de abril)

Día Internacional do libro infantil e xuvenil (2 de abril)

Dende 1965 o IBBY promove a Celebración (cada 2 de abril) do Día internacional do libro infantil, para conmemorar o día de nacemento de HANS CHRISTIAN ANDERSEN

 

Web da Organización Española Para o Libro Infantil (OEPLI)

Web da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX)

 

Novo enlace no blog sobre libros

Novo enlace no blog sobre libros

Acabo de atopar esta páxina: S.O.L. Servicio de Orientación de Lectura.

Este servicio é unha iniciativa da Federación de Gremios de Editores de España, pertencente á Fundación Germán Sánchez Ruipérez coa colaboración da Dirección xeral do libro, arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura.

Aquí podemos atopar suxestións, asesoramento, recomendacións sobre todo tipo de bibliografía para  rapaces e rapazas de todas as idades, as súas familas e para os profesionais da educación.

Inclúe, entre outras cousas interesantes, un banco de recursos con distintas actividades para o fomento da lectura

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2010: Mil cidades, mil vidas

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2010: Mil cidades, mil vidas

 

O Día Mundial da Saúde 2010 céntrase na urbanización e na saúde. Durante a semana do 7 ao 11 de abril deste ano organízanse eventos en todo o mundo.

Os obxectivos mundiais desta campaña son:

 

Mil cidades: abrir espazos públicos á saúde, ben sexa para realizar actividades nos parques, reunións cidadás, campañas de limpeza ou pechar parte das rúas ao tránsido de vehículos motorizados.

Mil vidas: reunir mil relatos de promotores da saúde urbana que tiveran un impacto considerable na saúde das súas cidades.

 

Folleto da celebración

Sitio youtube da celebración

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. 7 DE ABRIL

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. 7 DE ABRIL


En 1948, a Primeira Asamblea Mundial da Saúde propuxo a creación dun "Día Mundial da Saúde".

Dende 1950, cada 7 de abril o mundo celebra o Día Mundial da Saúde. 

Ese día centos de eventos conmemoran a importancia da saúde para unha vida productiva e feliz.

O obxectivo é que en todo o mundo se tome conciencia dun tema de saúde específico a fin de destacar unha área prioritaria de interese para a Organización Mundial da Saúde (OMS). 

Algúns dos obxectivos do Desenvolvemento da ONU para o Milenio (dos que todos os estados membros da ONU se comprometeron a cumprir para o ano 2015 son:

- Reducir a mortandade infantil

- Mellorar a saúde materna

- Combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades


Nacións Unidas e saúde

Proxecto da saúde: combatendo a enfermidade. Carpeta de material para o profesorado

Máis información, enlaces e recursos na páxina da ONU en relación coa celebración

V Encuentro España-Africa Mujeres por un Mundo Mejor


IMAXE DO DÍA

IMAXE DO DÍA

Encontro de mulleres en Valencia

Foto: http://www.elpais.com/fotografia/sociedad/Encuentro/mujeres/Valencia/elpfotsoc/20100327elpepusoc_1/Ies/

 

SÚMATE Á HORA DO PLANETA

Mira como Pocoyó se apunta á "HORA DO PLANETA"

TEATRO Galego!

TEATRO  Galego!


Inclúo estes enlaces sobre teatro en Galicia.


Asociación Actores e Actrices de Galicia

Toda a información sobre os Premios María Casares 2010

Resumo dos Premios deste ano en Cultura Galega

Crónica Premios María Casares 2010

Descubre quen era María Casares

Escola superior de Arte dramática en Galicia


 

Pon teatro na túa vida

 

 Estes son algúns enlaces nos que atopar distinta información relacionada co teatro e levala ao colexio:

 

Planeta Clown: para informarte de todo sobre los clowns

Pilobolus é unha compañía de teatro que traballa marabillosamente coas sombras

Toda la información sobre el método  Stanislavski

Titerenet, todo sobre marionetas

Real Escuela Superior de Arte Dramático

Asombra2, recursos e bibliografía sobre o teatro

Instituto internacional do Teatro, institución pertencente á UNESCO que proclamou o 27 de marzo como día mundial do teatro

Instituto internacional do Teatro do Mediterráneo, sede española da anterior

27 de marzo, día mundial do TEATRO

 

"O poder esencial do teatro

é deixar de lado todo o que separa aos seres humanos:

diferenza de raza, de educación relixiosa ou política,

diferencias de linguaxe.

En cambio pon en relevo todo o que as persoas teñen en común:

a risa e as bágoas,

a ledicia e a tristeza,

a felicidade e a angustia,

nunha palabra o que é dominio do corazón.

O teatro fai aparecer o corazón común dos seres humanos,

nisto é o máis eficaz vehículo de paz!"

 

Adaptación dun texto de Jean Louis Barrault, xenial actor e director francés

 

Propostas didácticas co texto de Barrault

 

POESÍA

POESÍA

Neste artigo pretendo ofrecer algunhas ideas para traballar poesía na aula.

- Completar rimas

- Rematar estrofas

- Concursos de ler poesías

- Escoitar poemas

- Inventar as nosas propias poesías

- Decorar/ilustrar poesías

- Musicar/instrumentar/cantar poemas

- Transformar unha poesía nun rap

- Engadirlle xestos corporais


Na "hev" máis chachi podemos atopar centos de poesías para levar á clase.


Recomendo a web do poeta Juan Carlos Mestre, nela podedes atopar moitos máis exemplos.

Tamén engado aquí a web do poeta Uxío Novoneyra,  pois este ano se lle adica o día das Letras Galegas

 

Consellos para un consumo responsable

22 de marzo, día mundial da auga

Cada 22 de marzo, dende 1993, celébrase o Día Mundial da Auga.

Nesta data lémbrase que se poden facer esforzos para prover de auga potable e concienciar más ao mundo sobre os problemas e as solucións neste campo.

Neste enlace tes máis información


Portal da UNESCO acerca da Auga


 

21 de marzo

No día que comeza a primavera tamén se conmemoran outros días internacionais:


DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL


DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA


DÍA DAS ÁRBORES

 

21 de marzo, día internacional de la poesía

21 de marzo, día internacional de la poesía

"A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar.

Permítenos descubrir que todos/as e cada un de nós, en calquer punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade.

Por iso a poesía debe ocupar o lugar correspondente nos programas de educación de calidade.

Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os xóvenes poden dispor dun vector máis diferente, sutil e fluido, para mellorar o seu coñecemento e comprensión do resto das persoas.

O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua,

pero tamén na emoción e na sensibilidade dos demáis, por máis distante que se atope en termos xeográficos."

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO con motivo do Día Mundial da Poeía, 21 de marzo de 2010

 

Que é o RACISMO?

Que é o RACISMO?

O racismo é unha violación dos dereitos humanos e da dignidade humana, aínda así é unha situación que existiu dende fai moito tempo e que a día de hoxe enfrenta a millóns de persoas no mundo.

O racismo é un sentimento aprendido, ninguén nace racista. Do mesmo xeito, ninguén ten dereito a discriminar a ninguén pola súa cor da pel, pola súa lingua ou acento, polo seu lugar de nacemento, polos seus hábitos de vida, orixes e tradicións ou pola súa pobreza. A discriminación racial é un problema que nos aqueixa a todos e todas, nas nosas mans está poñerlle punto e final.

Información recollida na páxina  aulaintercultural

Artigos e propostas para a reflexión sobre o racismo e a xenofobia:


21 de marzo. Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

21 de marzo. Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

O Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial celébrase o 21 de marzo de cada ano dende 1966 cando a Asamblea Xeral instou á comunidade internacional a redoblar esforzos en eliminar todas as formas de discriminación racial.

Lémbrase así  o 21 de marzo de 1960 cando a policía disparou e matou a 69 persoas nunha manifestación de carácter pacífico (nun principio) contra as leis de pases do apartheid que se realizaba en Sharpeville, Sudáfrica.

Información tomada en:

http://www.un.org/depts/dhl/spanish/racial/index.html

21 de marzo, comeza a primavera!

21 de marzo, comeza a primavera!

máis información sobre o cadro:

http://www.ite.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/bachillerato/arte/arte/iconogra/primaver.htm

BOTICELLI. A primavera