Blogia
AMARAL, RECURSOS

Consumo Responsable

15 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CONSUMIDORAS

O 15 de marzo de 1962, John Kennedy dixo: “Ser consumidor, por definición, inclúenos a todos”.

Daquela comezou a creación da Carta dos Dereitos das persoas Consumidoras na que se recollía “o dereito á seguridade, á información, á elección entre unha variedade de productos e servizos, a prezos competitivos e a ser escoitados polo goberno na formulación de políticas de consumo”. Pouco a pouco engadíronse outros dereitos como “a reparación, a educación das persoas consumidoras, a satisfacción das necesidades básicas e a preocupación por un medio ambiente saudable e sustentable”.

Máis info. sobre o día

DOCUMENTOS RELACIONADOS:

Unidade didáctica Planeta sano

Manual de alumnado e profesorado

Manuais de consumo responsable

 WEB relacionada:

Consumo responsable

CONSUMÓPOLIS

CONSUMÓPOLIS

CONSUMÓPOLIS é un lugar con acceso a información e actividades sobre o Consumo Responsable.

Tamé é un punto de encontro que favorece o intercambio de opinións e experiencias entre aquelas persoas preocupadas pola formación en materia de consumo.

No enlace veredes a páxina en galego, podedes seleccionar outro idioma.

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO

En DOLCETA atopamos un entorno virtual de ferramentas e materiais de formación on-line que FAVORECEN E OFRECEN INFORMACIÓN E CONTIDOS DIDÁCTICOS ao profesorado para potenciar á formación do alumnado en temáticas relacionadas co consumo responsable

 

Os nosos dereitos como persoas consumidoras

Os nosos dereitos como persoas consumidoras

O Servizo Nacional das persos Consumidoras conta na súa páxina web cunha sección infantil con diferentes actividades sobre a reciclaxe, dereitos das persoas consumidoras, consumo responsable,...

Xoguete seguro

Páxina web do proxecto europeo Xoguete Seguro, que ten como obxectivo o CONSUMO RESPONSABLE DE XOGUETES.

Nesta web tamén podes atopar consellos (para familias e escolas) sobre o que hai que ter en conta para escoller ben un xoguete

 

CONSELLOS PARA UN CONSUMO RESPONSABLE

Actitudes e comportamentos básicos de consumo responsable:

1.       Comparar prezos

2.       Fixarse na calidade

3.       Entender a etiqueta

4.       Fixarse na data de caducidade

5.       Gardar o ticket de compra

6.       Ter en conta vantaxes e desvantaxes

7.       Valorar a duración do producto

8.       Informarse das características

9.       Valorar a necesidade

10.   Fixarse no lugar de procedencia

Recomendacións básicas para facer compras en épocas de grandes gastos:

1.       Facer listado das compras necesarias

2.       Ter en conta o presuposto do que disponemos

3.       Comparar prezos e calidade

4.       Ter en conta os productos de Comercio Xusto

 

Planificación á hora de mercar xoguetes:

1.       Ter en conta e idade e madurez dos nenos e nenas cando escollemos un xoguete

2.       Valorar o contido dos xogos e aspectos educativos

3.       Vixiar que os xoguetes cumplen as normas de calidade da Comunidade Europea

4.       Ter en conta aqueles xoguetes que foron realizados con materiais renovables