Blogia
AMARAL, RECURSOS

San Valentín

O DÍA DOS NAMORADOS

O DÍA DOS NAMORADOS

   Os namorados teñen un día no calendario para demostrar ou reafirmar o seu amor mediante agasallos, adicatorias ou poemas  pero ¿por que o 14 de febreiro? Imos coñecer a lenda de San Valentín e de onde procede esta celebración.  

   Existen diferentes teorías que otorgan a esta data a orixe do día dos Namorados. Nos países nórdicos é durante estas datas cando se emparellan e aparean os paxaros, de aí que este periodo se vexa como un símbolo de amor e creación.

   Algúns cren que é unha festa cristianizada do paganismo, pois na Roma antiga realizábase a adoración ao deus do amor (Eros ao que os romanos chamaban Cupido). Nesta celebración pedíanse favores ao deus a través de agasallos e ofrendas para conseguir así atopar o namorado/a ideal.

  Tamén, e xa fai moitos anos, foi tradicional en Inglaterra a “festa dos valentinus” onde se escollían a homes e mulleres para formar parella. Moitas destas parellas casaban e conseguían a felicidade que se espera atopar e consolidar o Día de San Valentín.

  Outras fontes centran a orixe da Historia de San Valentín na Roma do século III, época na que o cristianismo era perseguido. Neste periodo tamén se prohibía o matrimonio entre os soldados; críase que os homes solteiros rendían máis no campo de batalla que os casados porque non estaban emocionalmente ligados ás súas familias. Nestas circunstancias cando xurde a figura de San Valentín, un sacerdote que decide casar ás parellas baixo o ritual cristián a escondidas dos ollos romanos.

  Valentín, por protexer aos namorados e auspiciar vodas secretas, adquire grande prestixio en toda a cidade e é chamado polo emperador Claudio II para coñecelo. O sacerdote aproveita aquela visita para facer propaganda da relixión cristiá e convencer ao emperador para que siga os pasos de Xesús. Aínda que nun principio Claudio II sentíuse atraído por aquela relixión que os mesmos romanos perseguían, os soldados e o propio Gobernador de Roma lle obrigaron a desistir e organizaron unha campaña en contra de Valentín. O emperador romano mudou de opinión e ordeou ao gobernador de Roma que procesara ao sacerdote.

  A misión de condenar ao sacerdote tivo que ser levada a cabo polo lugarteniente Asterius. Cando este estivo diante do sacerdote burlouse da relixión cristiá e quixo poñer a proba a Valentín. Preguntoulle si sería capaz de devolver a vista a unha das súas fillas que quedara cega. O sacerdote aceptou e no nome do Señor obrou o milagro. O lugarteniente e toda a súa familia convertíronse ao cristianismo pero non puideron liberar a Valentín do seu martirio. San Valentín foi executado un 14 de febreiro.

  Mentres estivo encerrado, o seu carceleiro pediulle que lle dera clases á súa filla Julia, a base de leccións e horas xuntos, Valentín namorouse da moza. A víspera da súa execución, envioulle unha nota de despedida á rapaza na que firmou coas palabras “do teu Valentín”, de aí a orixe das cartas de amor e poemas que se envían os namorados na actualidade e da expresión de despedida “From your Valentine”, coñecida no mundo enteiro e engadida en miles de postais de San Valentín.

  Esta historia quedaría así se non fora porque dous séculos máis tarde a Igrexa católica a recuperou. Daquela era tradición entre os adolescentes practicar unha curiosa festa pagana derivada dos ritos en honra do deus Lupercus (deus da festilidade que se celebraba o 15 de febreiro). Era un sorteo mediante o cal cada mozo escollía o nome dunha moza que se convertiría na súa compañeira durante un  ano. A Santa Sede quixo acabar con esta celebración pagana e canonizou a San Valentín como patrón dos namorados.

  Sexa coma fora, San Valentín convertiuse no patrón de todos os namorados e namoradas. O eco da festividade é un día perfecto para aumentar a venta de frores, postais, poemas de amor, adicatorias, bombóns e todo tipo de agasallos  que se realizan este día ao ser querido para demostrar o seu amor e amizade.

Información recollida en

http://www.sanvalentin.com/historia/