Blogia
AMARAL, RECURSOS

Eliminación Racismo

Que é o RACISMO?

Que é o RACISMO?

O racismo é unha violación dos dereitos humanos e da dignidade humana, aínda así é unha situación que existiu dende fai moito tempo e que a día de hoxe enfrenta a millóns de persoas no mundo.

O racismo é un sentimento aprendido, ninguén nace racista. Do mesmo xeito, ninguén ten dereito a discriminar a ninguén pola súa cor da pel, pola súa lingua ou acento, polo seu lugar de nacemento, polos seus hábitos de vida, orixes e tradicións ou pola súa pobreza. A discriminación racial é un problema que nos aqueixa a todos e todas, nas nosas mans está poñerlle punto e final.

Información recollida na páxina  aulaintercultural

Artigos e propostas para a reflexión sobre o racismo e a xenofobia:


21 de marzo. Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

21 de marzo. Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

O Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial celébrase o 21 de marzo de cada ano dende 1966 cando a Asamblea Xeral instou á comunidade internacional a redoblar esforzos en eliminar todas as formas de discriminación racial.

Lémbrase así  o 21 de marzo de 1960 cando a policía disparou e matou a 69 persoas nunha manifestación de carácter pacífico (nun principio) contra as leis de pases do apartheid que se realizaba en Sharpeville, Sudáfrica.

Información tomada en:

http://www.un.org/depts/dhl/spanish/racial/index.html