Mapas flash interactivos
Pretiño do día de Europa (9 de maio) podemos traballar con estes mapas interactivos.
Non só en galego, en máis idiomas.
Non só de Europa, tamén de comunidades autónomas,...
Pretiño do día de Europa (9 de maio) podemos traballar con estes mapas interactivos.
Non só en galego, en máis idiomas.
Non só de Europa, tamén de comunidades autónomas,...
Tendo a man estes enlaces podemos obter toda a información necesaria para traballar o Día de Europa (9 de maio) na aula.
Bo día de Europa!!!
Se aínda che falta algo, ou precisas máis... en Aula Intercultural seguro que o atopas porque neste artigo hai unha boa selección de recursos relacionados con Europa e o seu día.
QUE É O DÍA DE EUROPA?
O 9 de maio de 1950 nacía a Europa comunitaria nun momento sumamente difícil: existía a amenaza dunha terceira guerra mundial.
Ese día, en París, mandouse reunir a tódolos membros de comunicación ás 6 da tarde, no Salón do Reloxo do Ministerio de Asuntos Exteriores, para realizar un anuncio moi importante. O Ministro francés, Robert Schuman, comenzou a ler a Declaración que propuña crear unha institución europea supranacional encargada de administrar dúas materias primas: o carbón e o aceiro (materiais que eran a base das potencias militares) e establecer os cimentos concretos dunha federación europea indispensable para o mantemento da paz.Todo empezou ese 9 de maio e por iso, no Cume de Milán de 1985, os xefes de Estado e do goberno decidiron declarar ese día como o “Día de Europa”
QUE FAI A UNIÓN EUROPEA?
A Unión Europea promove, mediante o establecemento dun mercado común e a progresiva aproximación das políticas económicas dos Estado membros, un desenvolvemento harmonioso das actividades económicas no conxunto da comunidade, unha expansión continua e equilibrada, unha estabilidade creciente, unha elevación acelerada do nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados que a integran.
Se queres informarte máis sobre este tema, recomendamos esta páxina
http://www.eneuropa-asisomos.com/
Se queres xogar aprendendo cousas do noso continente preme neste enlace e disfruta
http://europa.eu/europago/welcome.jsp
QUE PAISES SE UNIRON?
O 13 de decembro de 2002 iniciouse unha das etapas máis importantes da historia europea ao decidir a adhesión de dez novos países á Unión Europea a partir do 1 de maio de 2004.
Saberías decir cales foron eses dez países?
Como axuda aquí tes a primeira e última letra dos seus nomes e as súas capitais... Contesta en forma de comentario.