A SEMANA INTERNACIONAL SEN TELEVISIÓN (23-29 DE ABRIL)
No Estado español consúmese un promedio de 3 horas e media de TV por persoa e día.
A televisión illa ás persoas e deteriora o medio ambiente ao incitar constantemente a un consumo irracional, polo que é necesario denunciar o papel que cumpre na destrución do planeta.
Que sucedería se no sitio de estar fronte ao televisor invertéramos o noso tempo en outras cousas?
Imos participar na semana internacional sen televisión (do 23 ao 29 de abril), unha oportunidade para repensar o seu papel.
Entre todos e todas imos realizar unha grande lista de cousas que podemos facer en vez pasar a tarde vendo a tele.Ofrecemos unhas cantas, porque as ideas son infinitas...
- Vai dar un paseo pola beira do río.
- Aprende a tocar un instrumento musical
- Comeza un diario
- Aprende a facer pan
- Escribe unha carta
Anímate e aporta as túas ideas en forma de comentario, serán moi útiles para empezar a practicalas na próxima semana; a semana internacional sen televisión.
E se queres máis información sobre temas de ecoloxía, podes botar unha ollada a esta páxina onde hai máis ideas e propostas sobre esta e outras iniciativas.
0 comentarios