Blogia
AMARAL, RECURSOS

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

QUE É O DÍA DE EUROPA?        

O 9 de maio de 1950 nacía a Europa comunitaria nun momento sumamente difícil: existía a amenaza dunha terceira guerra mundial.        

Ese día, en París, mandouse reunir a tódolos membros de comunicación ás 6 da tarde, no Salón do Reloxo do Ministerio de Asuntos Exteriores, para realizar un anuncio moi importante. O Ministro francés, Robert Schuman, comenzou a ler a Declaración que propuña crear unha institución europea supranacional encargada de administrar dúas materias primas: o carbón e o aceiro (materiais que eran a base das potencias militares) e establecer os cimentos concretos dunha federación europea indispensable para o mantemento da paz.Todo empezou ese 9 de maio e por iso, no Cume de Milán de 1985, os xefes de Estado e do goberno decidiron declarar ese día como o “Día de Europa” 

QUE FAI A UNIÓN EUROPEA?        

A Unión Europea promove, mediante o establecemento dun mercado común e a progresiva aproximación das políticas económicas dos Estado membros, un desenvolvemento harmonioso das actividades económicas no conxunto da comunidade, unha expansión continua e equilibrada, unha estabilidade creciente, unha elevación acelerada do nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados que a integran.  

Se queres informarte máis sobre este tema, recomendamos esta páxina

http://www.eneuropa-asisomos.com/

Se queres xogar aprendendo cousas do noso continente preme neste enlace e disfruta

http://europa.eu/europago/welcome.jsp  

QUE PAISES SE UNIRON?        

O 13 de decembro de 2002 iniciouse unha das etapas máis importantes da historia europea ao decidir a adhesión de dez novos países á Unión Europea a partir do 1 de maio de 2004.

 

Saberías decir cales foron eses dez países?

Como axuda aquí tes a primeira e última letra dos seus nomes e as súas capitais... Contesta en forma de comentario. 

  1. R_______A C___A: Praga
  2. C____E: Nicosia
  3. E________A: Bratislava
  4. E_______A: Liubliana
  5. E_____A: Tallin
  6. H_____A: Budapest
  7. L_____A: Riga
  8. L______A: Vilnius
  9. M___A: Valetta
  10. P_____A: Varsovia

0 comentarios