Facebook Twitter Google +1     Admin

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

Contador de visitas

AMARAL, RECURSOS

BLOGUE

Myspace comment generator


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Temas

Cuteki postales

Enlaces

A limpar o mundo!!!

20100902151544-limpar.jpg

  A Limpar o Mundo é unha campaña global que incentiva ás comunidades a que limpen, reparen e conserven o seu medio ambiente.

Do 17 ao 19 de setembro de 2010 celebraráse a Fin da Semana de A Limpiar o Mundo baixo o lema “As Comunidades cuidan da Natureza”.

Consulta o mapa global. e anímate a participar!

02/09/2010 15:15 amaral #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Material axuda a persoas con parálise cerebral

20100902151042-voluntari.jpg

Fundación Aspace-Sur acaba de publicar o cómicHazte voluntario. Ayuda a personas con parálisis cerebral”, para sensibilizar especialmente á xente máis nova e atraela ao voluntariado de axuda a persoas con parálise cerebral.

O autor, Alejandro Milá, preparou un cómic que pode ser utilizado como material educativo para a sensibilización e que ademáis orienta ás persoas que están pensando na posibilidade de facer este tipo de accións voluntarias.

 

Descarga o cómic "Hazte voluntario. Ayuda a personas con parálisis cerebral"

02/09/2010 15:10 amaral #. Organizacións No hay comentarios. Comentar.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Celebracións en Setembro

20100901200917-setembro.jpg

Setembro chega cargado de celebracións europeas, mundiais e internacionais entre as que están estas: (pouco a pouco ampliarei recursos sobre cada unha delas)

2: Día da Cidade Autónoma de Ceuta

8: Día internacional da Alfabetización. Día de Asturias. Día de Extremadura

9: Ano Novo Xudeo (5771)

10: Día internacional para a Prevención do Suicidio. Remata o Ramadán

11. Festa en Cataluña

13. Día Mundial do Linfoma. Día internacional da Democracia

16: Día Internacional da Preservación da capa de Ozono

21: Día Internacional da Paz. Día Mundial do Alzheimer

22: Día Europeo sen coche

23: Día Internacional contra a Explotación e o Tráfico de Mulleres. Comeza o outono

26: Día Europeo das linguas. Día Mundial do Corazón

Última semana: Día Mundial do Mar e Día Mundial Marítimo

27: Día internacional das persoas xordas. Día Mundial do turismo

28: Día Mundial da Rabia

30: Día Mundial das enfermedades da Retina

01/09/2010 20:09 amaral #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

De volta ao cole

Xa estamos de volta, un ano máis, e non son poucos.

Sen síndrome postvacacional pero con nervios e ilusións neste novo curso que se presenta pois vai conter unha manchea de novos retos para min.

Opos aprobadas, nova especialidade, novos compañeiros, novo cole, nova vida,... mooooooitas cousas. Agardo non defraudar sobre todo a aquelas persoas que me queren e que confían en min. Agardo seguir sendo (cando menos intentar ser) un bo exemplo a seguir en canto aos meus principios e ideais éticos e morais: respecto ás persoas e ao medio ambiente, tendo en conta a igualdade de oportunidades e os dereitos dos seres humanos e da infancia. Con todo isto, que non é pouco, doume por satisfeita!

Apertas á comunidade educativa! Feliz comezo de curso 

01/09/2010 19:57 amaral #. AMARAL No hay comentarios. Comentar.

Novo tema en Amaral, recursos: Música e cidadanía

20100811172806-peaceandmusic.jpg

Despois de ler un artigo escrito por Andrea Giráldez na revista Eufonía nº 50 da Editorial Graó non dudei en integrar os seus enlaces no meu blog.

Así nace un novo tema en Amaral, recursos que leva por título "Música e cidadanía" no meu intento de aportar aqueles proxectos representativos destes ámbitos.

http://amaral.blogia.com/temas/musica-e-cidadania.php

 

11/08/2010 17:28 amaral #. Música e Cidadanía No hay comentarios. Comentar.

Magic Me

20100811171803-magicme.jpg

Magic Me é unha organización fundada no Reino Unido en 1989. A maxia dos seus programas, basados no desenvolvemento comunitario a través da arte e a prevención social de colectivos en risco de exclusión, permite reunir a xente nova e adulta favorecento o entendemento mutuo, a aprendizaxe e o placer de convivir e crear en harmonía.

www.magicme.co.uk

11/08/2010 17:18 amaral #. Música e Cidadanía No hay comentarios. Comentar.

Tocar e loitar

20100811171257-tocar.jpg

"Tocar e loitar" é un documental que se adentra nas entrañas dun recoñecido proxecto orquestral e social: o Sistema de Orquestras Xuvenís e Infantís de Venezuela.

Este film é a historia dun soño musical que actualmente agrupa a máis de douscentos corenta mil nenos/as e adolescentes de Venezuela e outros países latinoamericanos, e conta a historia de seis deles e o seu amor pola música.

Nesta web atopamos información sobre o documental, así como o tráiler, novas e un formulario de contacto.

www.tocaryluchar.com/es/index.html

11/08/2010 17:12 amaral #. Música e Cidadanía No hay comentarios. Comentar.

Fundación Yehudi Menuhin-España

20100811170036-menuhin.jpg

A Fundación Yehudi Menuhin de España é, se cabe, máis coñecida por ser a responsable do Proxecto MUS-E, ideado polo famoso violinista e implantado en máis de catrocentas corenta e tres escolas de quince países de Europa dende que se iniciara no ano 1994 en Suiza. Sen embargo, nos últimos anos tamén desenvolve unha intensa labor social e de voluntariado a través da música e as artes, tanto en España cmo nalgúns países con un elevado nivel de pobreza.

A web inclúe información xeral sobre a Fundación, así como sobre os diversos programas que se desenvolven actualmente.

www.fundacionmenuhin.org

11/08/2010 17:00 amaral #. Música e Cidadanía No hay comentarios. Comentar.

A creatividade importa: guía de recursos para artes e persoas maiores

20100811163823-crea.jpg

A Asociación Nacional de Escolas Comunitarias nas Artes, o Centro Nacional para o Envellecemento Creativo e o Centro de Artes Escénicas de Nova Jersey (Estados Unidos) desenvolve este programa dentro dunha longa traxectoria ademáis dunha destacada vocación de servizo.

Convencidos de que as persoas e as comunidades obteñen importantes beneficios mediante a participación en programas artísticos, en particular se están dirixidos por artistas-educadores/as profesionais, comezaron a súa andaina no ano 2006 e dende entón seguen a desenvolver unha importante labor.

Na súa web incorporouse recentemente a Guía de recursos para as artes e o envellecemento, un material diseñado para dous ámbitos: o das artes e o dos servizos para as persoas de máis idade. A guía ofrece consellos detallados así como exemplos de cómo crear, implementar e evaluar programas comunitarios nas artes, dirixidos a persoas maiores.

http://artsandaging.org/espanol/

11/08/2010 16:38 amaral #. Música e Cidadanía No hay comentarios. Comentar.

Celebrar a produción de cine indíxena

20100806233734-cine.jpg
"O Día Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo deste ano está adicado aos cineastas indíxenas, que nos revelan as súas comunidades, culturas e historia. A súa labor nos pon en contacto cos seus sistemas de crencias e as súas filosofías e capta tanto a vida cotidiana como o espíritu das comunidades indíxenas. Ao tempo que celebramos estas contribucións, exhorto aos gobernos e á sociedade civil a que cumpran o seu compromiso de mellorar a condición dos pobos indíxenas en todas partes."
9 de agosto 2010

 

Enlace

06/08/2010 23:37 amaral #. Día I. Poboacións Indíxenas No hay comentarios. Comentar.




Archivos

Myspace comment generator Follow MestraPrimaria on Twitter
Myspace Glowing text Blog de Buenas PrácTICas educ@conTIC


Bibliotics recursos Mestra Primaria

Crea tu insignia

Teach Preschool Detengamos la Violencia


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras

Contrato Coloriuris