Material axuda a persoas con parálise cerebral
A Fundación Aspace-Sur acaba de publicar o cómic “Hazte voluntario. Ayuda a personas con parálisis cerebral”, para sensibilizar especialmente á xente máis nova e atraela ao voluntariado de axuda a persoas con parálise cerebral.
O autor, Alejandro Milá, preparou un cómic que pode ser utilizado como material educativo para a sensibilización e que ademáis orienta ás persoas que están pensando na posibilidade de facer este tipo de accións voluntarias.
Descarga o cómic "Hazte voluntario. Ayuda a personas con parálisis cerebral"
0 comentarios