Día da Patria Galega
Tira de humor publicada hoxe no diario Faro de Vigo
Tira de humor publicada hoxe no diario Faro de Vigo
Hoxe é un día especial! Digo é porque non rematou e é especial por moitas cousas.
Hoxe quixera instaurar un día no mundo, un día internacional,... cando menos no mundo de Amaral, recursos o 23 de xullo sempre será o "Día da Lavandeira".
Hoxe souben que tiña a praza, xa son mestra-funcionaria. É unha ledicia, máis hai algo que me apena porque me falta a persoa que máis fixo por min e por este logro (...)
Aínda así, hoxe descubrín moitas cousas, espero non esquecerme de moitas delas...
Hoxe felicitoume unha morea de xente, grandes amizades e profesionais aos que admiro profundamente, persoas incluso que non coñezo en persoa pero que xa somos seguidor@s twitteiros.
Un saludo ao meu equipo de colegas blogfesores en Twitter!
Moitas grazas a todo o mundo polas felicitacións e cariños!
Moitas grazas en especial ao meu pai, ao meu irmán e familia
Grazas a Ro: o meu amor, o meu amigo incondicional, compañeiro imprescindible nestes intres... Grazas!
Hoxe achegóuseme unha lavandeira e nese momento pensei en ti, ma, estou segura de que a enviaches ti. Grazas, grazas por todo, por todo canto teño e me das día a día!
(...)
Buscando sobre lavandeiras atopei:
Este precioso blog Lavandeira 1968
Varias referencias á canción de Fuxan os Ventos "Lavandeira de noite" versionada por Carlos Núñez e cantada marabillosamente por Noa.
Unha linda páxina con todo tipo de información sobre lavandeiras
Lembro lendas de avoas que dicían que as lavandeiras son símbolos de boa sorte porque unha delas lle deu de beber a Cristo na cruz e el ofreceulles ese don a cambio para sempre.
Tamén hai lendas que din que atopala pola noite preto da présa de lavar roupa auguran mala sorte, morte prematura ou aborto, ése é o tema da canción antes mencionada.
A min, as lavandeiras sempre me gustaron, pode que den sorte, non o sei, o que sei é que dan alegría!
Lavandeiriña bonita,
se voas ao ceo,
atopa a miña nai
e dille que lle quero!
Rematou o Mundial de Fútbol. Xa temos campións, xa SOMOS campións do MUNDO!
Enlaces donde podemos realizar distintas actividades relacionadas co Mundial de Fútbol:
Hoxe comezan as miñas vacacións, pode que as máis longas da miña vida, xamáis rematei as oposicións a estas alturas, se cabe, xa era hora.
Unha aperta a toda a comunidade blogfesora e twitteira: xa estou de volta, como de volta está xa o cartel de PECHADO POR OPOSICIÓNS.
A partir de hoxe: ABERTO POR VACACIÓNS!
Hoxe estiven poñendo un chisco de limpeza e orde neste blogciño... aínda lle queda... pero a próxima vez será en xullo!
Entre as novidades apreciables están:
- a incorporación do Blogsaver, abaixo á dereita. Buff xa ía con tempo!
- a realización dun wallwisher para aportar comentarios
- a clasificación dos enlaces por temas, para velo terás que premer no apartado enlace que está na liña superior do blog, debaixo da imaxe principal AMARAL, recursos ou premendo aquí
Grazas pola vosa atención e paciencia! Quérovos!
Saúdos a todos os blogfesores e blogfesoras que coñezo, en especial ás miñas amizades de Twitter!
Susana, por favor, faite twitteira! Anda!
Que felicidade!!!
Moitas, moitas grazas!!!
Podemos ver os blogs ganadores neste enlace
Noraboa a todos os ganadores e ganadoras!!! Que traballo tan estupendo tendes feito!!!
Dende AMARAL, recursos queremos dar as GRAZAS á organización por perminirnos participar nun evento tan proveitoso.
Para min foi moi productiva e positiva a experiencia, aprendín mooooitas cousas, fixen o meu TWITTER, coñecín a moita xente marabillosa, contactei con blogfesores e blogfesoras xeniais,...
Unha aperta!
Mami, adivina canto te quero!
Hoxe só podo darte grazas por ensinarme todo canto son.
Bótote de menos, non te esquezo, estás sempre no meu pensamento, no meu corazón!
Só che pido unha cousa... quédate comigo... sempre!
GRAZAS Agardo que sexan moitas máis