Blogia
AMARAL, RECURSOS

Día da Poesía

POESÍA

POESÍA

Neste artigo pretendo ofrecer algunhas ideas para traballar poesía na aula.

- Completar rimas

- Rematar estrofas

- Concursos de ler poesías

- Escoitar poemas

- Inventar as nosas propias poesías

- Decorar/ilustrar poesías

- Musicar/instrumentar/cantar poemas

- Transformar unha poesía nun rap

- Engadirlle xestos corporais


Na "hev" máis chachi podemos atopar centos de poesías para levar á clase.


Recomendo a web do poeta Juan Carlos Mestre, nela podedes atopar moitos máis exemplos.

Tamén engado aquí a web do poeta Uxío Novoneyra,  pois este ano se lle adica o día das Letras Galegas

 

21 de marzo, día internacional de la poesía

21 de marzo, día internacional de la poesía

"A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar.

Permítenos descubrir que todos/as e cada un de nós, en calquer punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade.

Por iso a poesía debe ocupar o lugar correspondente nos programas de educación de calidade.

Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os xóvenes poden dispor dun vector máis diferente, sutil e fluido, para mellorar o seu coñecemento e comprensión do resto das persoas.

O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua,

pero tamén na emoción e na sensibilidade dos demáis, por máis distante que se atope en termos xeográficos."

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO con motivo do Día Mundial da Poeía, 21 de marzo de 2010