Blogia
AMARAL, RECURSOS

Día da Paz e Non Violencia

Día da Paz

Neste artigo inclúo enlaces para saber máis sobre o Día Escolar da non violencia e a paz que se celebra o 30 de xaneiro

Aula intercultural

Intermon Oxfam

 

Mulleres e paz

Mulleres e paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar Da Non violencia e a Paz (DENIP)

O 8 de marzo celebramos o Día da Muller.

"Mujeres y Paz" é unha webquest en castelán que nos ofrece a posibilidade de traballar contidos relacionados cos dous días internacionais na escola mediante a utilización de enlaces organizados para guiar a recopilación da información na elaboración das tarefas.

"Mujeres y Paz" é unha batería de actividades para ser realizadas ao longo do 2º trimestre adicándolle unha sesión semanal dentro da aula de informática e outra dentro da ordinaria.

Agradezo que se queredes utilizala así como o blog editado para o seu uso me avisedes. Chega con que poñades un comentario aquí

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

   O 30 de Xaneiro, conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asesinado a tiros por un fanático hinduista.

   Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869. Graduouse en dereito en Inglaterra e trasladouse a África do sur coitando alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao voltar á India organizou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base religiosa tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindúes e musulmáns que se produciron tras a independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados,  India e Pakistán, un hindú e outro musulmán). Encarcelado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de movilizar ou deter a millóns de indios.

   Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz (DENIP). Este día foi fundado en 1964 polo Inspector de Enseñanza Básica Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada seglar educativa depacificación co fin de levar aos educandos polo medios da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que “o amor é mellor que u odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra” (Vidal, 1972). O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia mediante a Orde Ministerial do 29 de noviembre de 1976.

   Esta celebración é unha oportunidade máis de contribuir a que os centros se convirtan en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta raza, formación, cultura e relixión. Non debemos esquecer que a escola é o reflexo da sociedade coa que compate defectos, pero nela tamén se educa para a vida e se busca desenvolver nos alumnos as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa

   Así, debemos contribuir á concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humán que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.

Información recollida en:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/actual_0130_paz/index.php3