IQBAL MASIH, símbolo da loita contra a explotación infantil
Iqbal Masih naceu en 1982 e Pakistán. Aos 4 anos o seu pai vendeuno coma esclavo a un fabricante de alfombras por 600 rupias (12 dólares). Dende entón, Iqbal foi obrigado a traballar máis de doce horas diaria encadeado a un tear sendo sometido a constantes palizas.
Cando tiña 10 anos logrou escapar da fábrica pero as condicións infrahumanas nas que viviu causaron serios estragos no seu corpo. Aos 12 anos tiña a estatura e o peso dun neno de seis.
Dende o seu escape dedicouse a denunciar, co apoio do sindicato de traballadores de ladrillos, os abusos contra nenos pakistaníes. As súas denuncias cruzaron as fronteiras e visitou Suecia e Estados Unidos, convertido nun líder infantil.
O 16 de abril de 1995, Igbal saiu pasear en bicicleta pola súa aldea natal. Foi asesinado a tiros e a mafia de fabricantes de alfombras foi acusada do crime.
Este neno pakistaní, Iqbal Masih, é considerado o símbolo da loita contra a explotación infantil.