Blogia
AMARAL, RECURSOS

A Internacional da Educación contra o traballo infantil

A Internacional da Educación contra o traballo infantil

215 millóns de nenos e nenas de todo o mundo son víctimas do traballo infantil. A metade deles traballa en situacións que violan os dereitos humanos e a dignidade, como a esclavitude, o traballo forzado, o tráfico, a esclavitude por endeudamento, a servidume, a prostitución, a pornografía ou o reclutamento para conflictos armados.

O traballo infantil ten unha grande repercusión no proceso educativo dos nenos e nenas, pois moitos deles non van nunca á escola ou abandonan os estudos moi cedo, están ausentes e moitas ocasións, repiten curso ou teñen resultados educativos moi pobres. Nos peores casos, o traballo infantil pode chegar a implicar a pérdida gradual das aptitudes de aprendizaxe, como ler e escribir e levar a un analfabetismo funcional ou total.

A loita contra o traballo infantil ten as súas orixes na lexislación laboral internacional e fundamentalmente no Convenio sobre os Dereitos do Neno e da Nena, Convenio nº 138 da Organicación Internacional do Traballo (OIT) sobre a Idade Mínima de Admisión ao Emprego e o Convenio da OIT nº 182 sobre as Peores formas de Traballo Infantil. A política da IE tamén se ve reforzada polos esforozos da comunidade internacional para alcanzar os Obxectivos do Milenio e superar os obstáculos existentes para lograr unha Educación Para Todos e Todas.

Enlace

0 comentarios