Blogia
AMARAL, RECURSOS

Contando ovellas nos museos...

Contando ovellas nos museos...
   O próximo martes 18 de maio se celebra o Día Internacional dos Museos, unha efeméride anual que ten lugar en todo o mundo dende 1977 e que chega co propósito de sensibilizar á opinion pública do papel que teñen os museos no desenvolvemento da sociedade.
   O lema escollido para este ano polo Consello Internacional dos Museos (ICOM) é "Museos para a Harmonía social" unha consigna que busca demostrar a súa importancia no desenvolvemento da sociedade.
   O programa deste ano inclúe actividades diurnas e nocturnas nas diferentes sás do mundo, así como percorridos sorprendentes por cada unha delas, talleres e conferencias destinadas a todo tipo de público, incluido o infantil, e citas musicais entre outras.
   Ademáis esta celebración conta cunha iniciativa; "A noite dos museos", unha actividade de ámbito europeo que trata de aproximar o mundo dos museos ao público más novo a través dunha programación gratuíta organizada en horario nocturno.
   Así, dende esta fin de semana abren as súas portas para dar comezo a unha programación chea de actividades gratuítas enfocadas ao disfrute de toda a familia.
Info recollida no diario Las Provincias, enlace
Artigo na Voz de Galicia, fala de actividades do MARCO

0 comentarios