Blogia
AMARAL, RECURSOS

Feliz Día da Patria

Feliz Día da Patria

O 25 de xullo celebramos o día da nosa patria, en palabras de Castelao:

"a maior festa de Galicia, a festa de todos os galegos e galegas"

 

As orixes da celebración

Todo sobre o Himno Galego "Os Pinos"

Sobre a bandeira galega

Sobre o escudo de Galicia

Rápida historia sobre o escudo e a bandeira

Bandeira da serea definida por X. L. Méndez Ferrín, recentemente galardoado co premio Fernánez Latorre:

Neste escudo elimínase o elemento contrarreformista do copón e o Santísimo Sacramento, e o mesmo se fai coas sete cruces das sete provincias representativas do Antigo Réxime. Igualmente, a coroa real desaparece como é regra en réxime de República. No escudo de Castelao hai unha fouce de ouro, que acumula no seu simbolismo a herdanza céltica e a rebeldía dos agrarios e dos irmandiños. No chefe da fouce de ouro campa unha estrela vermella de cinco puntas (nada que ver coa de David). É a estrela da Liberdade e do Socialismo. O escudo é abrazado por un tenente que é serea de longa cabeleira que, polo baixo, ensina, atrevida e algo bulrista, o rabo de pixota. O escudo da serea, da fouce e da estrela leva, no deseño de Castelao, unha lexenda: DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS. Coido que algún día este será o escudo oficial de Galicia.
Durante a guerra de España o Batallón Galego do V Rexemento XI División de Líster púxolle unha estrela vermella de cinco puntas á súa bandeira azul e branca de combate. Na clandestinidade do franquismo, a UPG e a ANPG tamén impuxeron a estrela vermella de cinco puntas no centro da bandeira, co cal lle deron unha nota de viveza e de cor que suxería a máis Liberdade e a máis internacionalismo. Os mozos nacionalistas díronlle en chamar á bandeira galega coa estrela vermella, "bandeira da Patria".

0 comentarios