Blogia
AMARAL, RECURSOS

O día da lavandeira

O día da lavandeira

Hoxe é un día especial! Digo é porque non rematou e é especial por moitas cousas.

Hoxe quixera instaurar un día no mundo, un día internacional,... cando menos no mundo de Amaral, recursos o 23 de xullo sempre será o "Día da Lavandeira".

Hoxe souben que tiña a praza, xa son mestra-funcionaria. É unha ledicia, máis hai algo que me apena porque me falta a persoa que máis fixo por min e por este logro (...)

Aínda así, hoxe descubrín moitas cousas, espero non esquecerme de moitas delas...

Hoxe felicitoume unha morea de xente, grandes amizades e profesionais aos que admiro profundamente, persoas incluso que non coñezo en persoa pero que xa somos seguidor@s twitteiros.

Un saludo ao meu equipo de colegas blogfesores en Twitter!

Moitas grazas a todo o mundo polas felicitacións e cariños! 

Moitas grazas en especial ao meu pai, ao meu irmán e familia

Grazas  a Ro: o meu amor, o meu amigo incondicional, compañeiro imprescindible nestes intres... Grazas!

Hoxe achegóuseme unha lavandeira e nese momento pensei en ti, ma, estou segura de que a enviaches ti. Grazas, grazas por todo, por todo canto teño e me das día a día!

(...)

Buscando sobre lavandeiras atopei:

Este precioso blog Lavandeira 1968

Varias referencias á canción de Fuxan os Ventos "Lavandeira de noite" versionada por Carlos Núñez e cantada marabillosamente por Noa.

Unha linda páxina con todo tipo de información sobre lavandeiras

Lembro lendas de avoas que dicían que as lavandeiras son símbolos de boa sorte porque unha delas lle deu de beber a Cristo na cruz e el ofreceulles ese don a cambio para sempre.

Tamén hai lendas que din que atopala pola noite preto da présa de lavar roupa auguran mala sorte, morte prematura ou aborto, ése é o tema da canción antes mencionada.

A min, as lavandeiras sempre me gustaron, pode que den sorte, non o sei, o que sei é que dan alegría!

 

Lavandeiriña bonita,

se voas ao ceo,

atopa a miña nai

e dille que lle quero!

 

 

0 comentarios